Skip to Content

Recíclate con Sogama

Canción recomendada: "Reciclar"

  Dende esta web recomendamos a canción titulada "Reciclar" do audiolibro Paio e o poder da música da editorial Árbore/Galaxia. Con esta canción recordaremos aos nenos/as a importancia que ten a reciclaxe para coidar o noso planeta.

 

 

 

 

 

 

 

Esperamos que sexa do voso agrado.

 

Contedor para pilas e tapóns

   O alumnado de 5º de primaria construíu un contedor para pilas usadas e tapóns de plástico. Na súa fabricación só se empregaron materiais de reciclaxe (caixas de cartón, botes de plástico, tapóns, papel de aluminio...). Fíxose con forma de robot para que resultase máis atractivo e fomentar así a recollida destos refugallos. Este foi o resultado:

 

 

 

 

 

O contedor está na entrada do edifico de primaria, a vista de todo o mundo. Agora, entre todos, temos que enchelo de pilas e tapóns.

 

 

Recomendación de lectura: "Historia de una lata"

     Para as vacacións de verán recomendamos este libro: "Historia de una lata". O libro está escrito en castelán e é axeitado para nenos/as de infantil e primeiros cursos de primaria. Neste libro cóntase a vida dunha lata de tomate, dende que sae da fábrica ata que remata sendo reciclada e convertida noutro obxecto de metal. Polo camiño é reutilizada varias veces dándolle diferentes usos.

 

 

 

Esperamos que vos guste.

 

 

Sustitución de botellas dun só uso por botellas reutilizables

A principios de ano emprendimos unha acción para sustituir as botellas dun só uso por botellas reutilizables (tipo cantimplora). Agora, xa preto de rematar o curso, estamos moito máis concienciados con coidado do medio e case todos temos botellas reutilizables para usar nas aulas:

 

 

 

 

 

Certame literario Labarta Pose

   No mes de maio celebramos no centro o Certame literario Labarta Pose. A temática deste ano gardaba relación coa reciclaxe ou o medio ambiente. Houbo moitos participantes con composicións de moita calidade. Os que se amosan a continuación son algúns dos exemplos das obras premiadas:

 

 

A reciclaxe:

Que é a reciclaxe?

É algo interesante,

coidar o planeta,

para facelo importante.

Tes que reducir,

para o lixo abolir.

Debes reutilizar,

para non contaminar.

Tamén hai que reciclar,

para o mundo salvar.

E se todo isto fas,

o mundo coidarás.

 

 

A contaminación:

Un simple trozo de papel

destrue natureza coma o ariel

e un trozo de cristal

é cousa do mal.

Cando hai contaminación

hai pouca respiración

se non reciclas

non te implicas.

Para implicarse

hai que animarse

e para reciclar

tes que separar.

Se a contaminación queres parar

deixa o coche e ponte a andar

para reciclar a basura

podes pedir axuda.

 

 

Manual de reciclaxe

 No arquivo que se presenta a continuación podemos visualizar un breve manual de reciclaxe. Neste documento dáse resposta a cuestións como Por qué reciclar?  e  Cómo reciclar?

Anímovos a todos a consultalo.

 

Reutilización de envases de iogur

No mes de maio, coincidindo co apoxeo da primavera, prantamos unhas sementes de céspede nuns envases de iogur que fomos gardando nas semanas previas. Esta actividade foi levada a cabo por todo o alumnado de educación infantil. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Agora temos que regar o céspede e esperar a que medre. Xa vos amosaremos o resultado final...

Despois duns días de espera este é o resultado:

 

 

 

 

 

 

 

 

Esperamos que vos gustase.

 

 

Figuras de papel reciclado

En infantil levamos a cabo unha actividade na que fixemos figuras de papel reciclado. Para elo empregamos uns moldes e papel de xornal.

Primeiro xogamos cos xornais e logo os cortamos en anaquiños moi pequenos.

 

 

 

 

 

 

 

 Despois metemos os anaquiños de papel nun recipiente con auga.

 

 

 

 

 

 Engadímoslle cola branca e deixámolo na auga tres días. Así obtivemos unha pasta de papel bastante uniforme.

 

 

 

A continuación enchemos os moldes. Estos moldes tiñan diferentes formas e tamaños.

 

 

 

 

 

 

Pasados un par de días poidemos sacar as figuras do molde e as deixamos secar durante uns 8-10 días.

 

 

 

Finalmente, cando xa secaron por completo, só nos quedaba pintar as figuras ao noso gusto. Para eso empregamos témperas e pinceis.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 E este foi o resultado final:

 

 

 

 

 

 

 Esperamos que vos gustase...

 

 

 

 

Día internacional dos bosques

     O pasado día 21 de marzo celebramos no centro o Día internacioal dos bosques. Cada grupo-clase plantou un carballo no patio de infantil e elaborou un ACRÓSTICO relacionado coa reciclaxe. Os acrósticos que se amosan a continuación son algúns dos elaborados polo alumnado de cada clase:

 

 REDUCIR   (Infantil 3 anos)

Reducimos

Esperando

Dar

Un

Cambio

Importante a

Reciclaxe

 

 RECICLAXE   (1º Primaria)

Reciclamos todos xuntos

E separamos o lixo ben.

Cando saiomos ao recreo,

Imos usar os contenedores tamén.

Coidamos o noso planeta,

Luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo.

Axudamos entre todos.

Xuntos podemos facelo.

E ti? Queres reciclar comigo?

 

 DEFORESTACIÓN   (2º Primaria)

Durante os doce meses do ano

Estaredes sempre ledos

Facendo limpezas nos bosques

Os residuos separaredes e coa

Reciclaxe aprenderedes.

Estarédelo facendo moi ben

Se seguides as instruccións

Todo o planeta terá solución

Acabaredes coa 

Contaminación.

Intentade non asasinar

Os montes de calquer lugar,

Nunca vos debedes olvidar.

 

 CONSUMO RESPONSABLE   (5º Primaria)

Carballos nós plantaremos

Os bosques debemos coidar

Non á deforestación

Sempre a colaborar.

Un mundo mellor queremos

Máis responsable

Onde todos viviremos.

 

Reducir é importante

E tamén reutilizar

Sempre nós reciclaremos

Para non contaminar.

O planeta está enfermo

Nós debémolo coidar

Sabemos as consecuencias.

As tres erres cumpriremos

Boas prácticas aprenderemos

Lembrade os Carballos da Botica de

Enrique Labarta Pose.

 

 

 CHUVIA ÁCIDA   (6º Primaria)

Cavilando estamos nunha solución

Hai mil maneiras de poder axudar

Unidos estamos para acadar un mundo mellor

Vivimos nun negro mundo que transformaremos en cores

Imos loitar e coa contaminación acabar

Ata encontrar o camiño perfecto ideal

 

Ánimo, todos podemos cooperar

Co Colexio Labarta Pose aprenderemos a reciclar

Intentando mellorar e os residuos separar

Deforestando o planeta, o clima estamos cambiando

Axúdanos a poñer fin a esta tolemia de plásticos?

 

 

Disfraces con materiais de reciclaxe

   Neste Entroido o "Meco" mandounos moitas cousas, entre elas facer complementos para os nosos disfraces empregando materiais reciclados das nosas casas. Deste xeito tamén implicamos ás familias no proxecto animándoas a reciclar e a reutilizar. Estos son algúns exemplos:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reutilizamos - Prantamos árbores en bricks

   Xa fai unhas semanas que prantamos varios carballos e comezan a xerminar. As landras foron aterradas en bricks de leite que foron reciclados e decorados polo alumnado. Estos son os resultados obtidos:

 

 

 

 

 

 

 

Xogo "Un partido polo planeta"

   O martes 26 de febreiro recolleron o xogo itinerante "Un partido polo planeta". Durante oito días lectivos o alumnado de primaria puido disfrutar do xogo en pequenos grupos. O xogo resultou interesante e a través del se puxeron en práctica moitos contidos aprendidos ata o momento.

 

 

 

Convocatoria dos "Premios aos mellores proxectos de obras de arte con material de refugallo"

   A Consellería de Educación e SOGAMA convocaron conxuntamente os premios aos mellores proxectos de obras de arte con material de refugallo correspondentes ao programa "Recíclate con Sogama" 2018-19.

 

     Con estos premios preténdese promover o interese do alumnado pola reutilización e o reciclaxe, demostrando que os residuos albergan un gran potencial e poden transformarse en recursos ou obras de arte con alto valor creativo. 

 

     A temática será libre, pero debe levar implícita a reutilización de residuos. Só será admitida a presentación dunha obra por centro. Poderán presentar a súa candidatura a esta convocatoria os 25 centros participantes no programa "Recíclate con Sogama". Os premios serán os seguintes:

Primer premio: financiación dunha viaxe ao parque acuático de Cerceda, autobús e entradas (50-55 prazas) e diploma acreditativo.

Segundo premio:  financiación do aluguer dun autobús (50-55 prazas) para unha xornada a calquer lugar de Galicia e diploma acreditativo.

Tercer premio: unha táblet e diploma acreditativo.

 

     O plazo de presentación das obras remata o día 29 de abril de 2019 e teranse en conta os seguintes criterios para valorar as obras: 

   Porcentaxe de uso de materiais de refugallo.

   Creatividade e orixinalidade.

   Mensaxe medioambiental a transmitir.

   Valor estético e artístico da obra.

 

No seguinte enlace pódense consultar as bases completas da convocatoria destes premios:

 

 

"R" DE REDUCIR - Envoltorios dos bocadillos

Temos que tratar de reducir os envoltorios (papel de alumnio, plástico film...) que se utilizan para envolver os bocadillos cando xa veñen dentro das fiambreiras. Se empregamos unha fiambreira no é necesario usar outro tipo de envoltorios a maiores, coa fiambreira xa é suficiente. Deste modo reduciremos considerablemente o número de refugallos depositados no contedor amarelo.

 

 

 

 

 

XOGO "Un partido polo planeta"

Xa chegou o xogo itinerante "Un partido polo planeta". O xogo estará no noso centro ata o día 26 de febreiro. O xogo componse de:

Un taboleiro.

Tarxetas con preguntas ou probas.

Fichas-balón.

Instruccións.

O xogo está instalado na biblioteca de infantil.

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut