Grand Prix
A asociación de nais e pais do Labarta Pose solicitou, á Obra Social Abanca, o Gran Prix Financieiro, que é un xogo educativo que permite ao noso alumnado un primeiro acercamento aos conceptos financieiros dun modo lúdico e divertido.
O obxectivo é mostrar aos nenos e nenas que o diñeiro non aparece por arte de maxia e que non sempre podemos mercar o que queremos.
A través de situacións cotiás o noso alumnado aprendeu a importancia de xestionar correctamente o diñeiro.
Moitas grazas á ANPA pola xestión deste interesante proxecto.