CONTACONTOS NA BIBLIO!!
Hoxe foi un día de sopresas, recibimos a visita dunha mamá que nos ensinou moito sobre plantas e flores e despois do recreo tivemos sesión de contacontos na Biblio!
O contacontos trataba do escritor MANUEL MARÍA, autor homenaxeado este ano para o Día das Letras Galegas.
Pasámolo moi ben e divertímonos moito, mirade nas seguintes fotos.