Skip to Content

Traballamos a Fdez. del Riego

Xogamos con Don Paco ( Letras galegas 2023)

Actividade realizada polos nenos/as de 6º E.P

 

Dende a fiestra de Don Paco

Como xa sabedes o ano 2023 é moi importante para o noso pobo.

O noso veciño máis ilustre, Francisco Fernández del Riego, ao que todos chamaban Don Paco, é o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Irémosvos contando a súa vida, pensamentos e inquedanzas ao longo do curso.

E ao mesmo tempo iremos amosando o noso concello. Aqui naceu, vivíu

e soñou dende a súa fiestra : unha Galicia orgullosa da súa lingua.

Polo ano 1998 foi  o pregoeiro da festa.

Como podedes ler no texto, sempre levou Lourenzá no seu corazón.

 

Vídeo-presentación Francisco Fernández del Riego.

PUZZLE Francisco Fernández del Riego

MEMORI Francisco Fernández del Riego.

Don paco e as pantasmas

Para este tempo de Samaín, propuxemos para todos os nenos de primaria que se imaxinasen unha historia de Samaín, cando Francisco Fernández del Riego, era só un neno que xogaba nas rúas de Lourenzá.

Esta é a proposta dos nenos e nenas de 2º de E.P.
 Un sinxelo traballo no que historia, decorados, personaxes y efectos especiais foron deseñados por eles.
Esperamos que vos guste.
 

 

Don Paco e o día das escritoras

Lembramos á escritora favorita de Don Paco.

O 17 de Maio de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos dedicóuselle o primeiro Día das Letras Galegas a Rosalía de Castro foi unha idea do noso veciño Don Francisco Fernández del Riego.

Distribuir contido


by Dr. Radut