ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Neste curso quixemos centrar a nosa atención na promoción de hábitos de alimentación saudables, entre outros obxectivos. Por iso comezamos a nosa labor cunhas charlas dunha nutricionista, coa que organizamos uns talleres deliciosos.
As xornadas foron dirixidas aos nen@s de primaria, adaptándoas aos diferentes niveis.
Cos máis pequeniñ@s (de 1º a 3º) fixemos un breve achegamento aos grupos de alimentos, pirámide de alimentación, inxestas recomendables ao día...
... para rematar degustando un delicioso e saudable aperitivo a base de iogur/xelatina, froitas e froitos secos.
Cos maiores (de 4º a 6º) fíxose unha exposición máis completa, proxectando e falando dos conceptos esenciais da alimentación saudable e equilibrada.
Pero tivéronno un pouco máis difícil que o primeiro grupo, pois os nenos e nenas desta segunda xornada tiveron que demostrar os seus coñecementos cun rosco.
Unha vez superada a proba puideron desfrutar duns saborosos bocadillos.
Días despois, fomos comprobando como as xornadas calaran fondo neles e nelas. Estas foron as súas merendas...
FOI UN ÉXITO!