Na Semana da Prensa, este grupiño curioso acompañou á profe Chelo a descubrir e disfrutar de cantidade e variedade de revistas e xornais. Folleámolas, observámolas, lémolas, imaxinamos que nos estaban a contar e... animámonos a inventar os nosos propios titulares.
Picade na imaxe para ver o vídeo completo da nosa experiencia.
Desde o EDLG presentamos unha pequena unidade didáctica con algunha actividade, especialmente manualidades, do apalpador. Esperamos que vos gusten as nosas propostas e pasedes un ratiño entretido aprendendo sobre esta figura da nosa tradición e cultura galega.
AINDA QUE ESTAS IMAXES FORON GRABADAS PARA O DÍA DO LIBRO DESTE CURSO, OS CONTOS E AS HISTORIAS, A IMAXINACIÓN E A CREATIVIDADE FORMAN PARTE DE CADA UN DOS NOSOS DÍAS.
O Equipo de Biblioteca quere agradecervos o voso gran traballo ao longo do curso tanto cando estivemos no colexio como na casa. Nestes vídeo e no nosa xornal:A voz de Fabolapodedes ver as vosas colaboración. Lembrade ler un pouco cada día. Feliz verán!!!