Skip to Content

EDUsaúde

LAPBOOKs da SAÚDE

Coidamos a nosa saúde

O grupo de cuarto desglosou o estudo do tema da saúde e plasmou o seu resumo nun mural.

Alimentación saudable en 4º de infantil

Semáforo das merendas

MOVÉNDONOS CON SAÚDE

O conxelado

A coroa

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Neste curso quixemos centrar a nosa atención na promoción de hábitos de alimentación saudables, entre outros obxectivos. Por iso comezamos a nosa labor cunhas charlas dunha nutricionista, coa que organizamos uns talleres deliciosos.

As xornadas foron dirixidas aos nen@s de primaria, adaptándoas aos diferentes niveis.

 

Cos máis pequeniñ@s (de 1º a 3º) fixemos un breve achegamento aos grupos de alimentos, pirámide de alimentación, inxestas recomendables ao día...

                    

... para rematar degustando un delicioso e saudable aperitivo a base de iogur/xelatina, froitas e froitos secos.

 

 

Cos maiores (de 4º a 6º) fíxose unha exposición máis completa, proxectando e falando dos conceptos esenciais da alimentación saudable e equilibrada.

Pero tivéronno un pouco máis difícil que o primeiro grupo, pois os nenos e nenas desta segunda xornada tiveron que demostrar os seus coñecementos cun rosco.

 

Unha vez superada a proba puideron desfrutar duns saborosos bocadillos.

 

Días despois, fomos comprobando como as xornadas calaran fondo neles e nelas. Estas foron as súas merendas...

 

FOI UN ÉXITO!

Salto de corda e xogo dos tres pés.

Aliméntate con Arte.

Carreiras de sacos e xogos da eiruga.

Pautas/vídeos para unha alimentación saudable.

MACEDONIA DE FROITAS

DANDO COMEZO Á PRIMAVERA, OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DECIDIMOS DESFRUTAR DUNHA MACEDONIA DE FROITAS PARA APRENDER A COIDAR A NOSA ALIMENTACIÓN. FALAMOS DO NECESARIAS QUE SON AS FROITAS PARA CRECER SANS E FORTES E AS NOSAS MESTRAS CONTÁRONNOS DESTA DIVERTIDA FORMA DE COMELAS, TODAS MESTURADAS!

PERA

FRESA

PLÁTANO

ZUME DE LARANXA

 

PICADE NA IMAXE PARA VER QUE BEN SE NOS DEU E O SABOROSA QUE ESTABA.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut