DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Desde o EDLG quixemos romper coas palabras ferintes, coa tristeza de persoas rotas polos golpes, co sufrimento... e non atopamos mellor forma de facelo que a través da nosa lingua e d@s nos@s nen@s. Porque non ensinamos só a ser mulleres fortes, valentes, autosuficientes, pensadoras; senón que educamos tamén homes que saben respectar. O respecto é a base de calquera relación!
Recordade que as verbas e as feridas deixan marca nas persoas. Fixádevos no noso mural que, apesares de rachar con todas esas palabras de dor, medo, pena, rabia..., quedou marcado por elas.
Esta é unha loita de tod@s!
Pica na imaxe para ver o vídeo