GLU, GLU GLU... PLAS, PLAS, PLAS
https://i.ytimg.com/vi/qDBMRkgI_cc/0.jpg); background-position: center; background-repeat: no-repeat; height: 266px; width: 320px; " data-original-id="BLOGGER_object_0" />
GLU, GLU, GLU... PLAS, PLAS, PLAS...
Bos días familias!
Hoxe imos ver o mar e os animais do mar. Para animarvos a participar déixovos a canción "Glu, glu, glu" de Mamá Cabra. Moi divertida e que podedes escenificar coma el@s. Incluso sacar todas as cousas da praia e simular un día nela. A divertirse!
ABSURDOS LÓXICOS: Colorea a imaxe correcta. Risca as incorrectas.
Pon o teu nome no reverso.
Conta cantos barcos veleiros hai na ficha e coloréaos.
Repasa os números 3 co dedo - co lapis - con rotulador verde claro (recordamos a regleta).
Os mares están moi contaminados, e iso pónnos tristes. Por iso, imos contribuir co noso gran de area, mediante a reciclaxe (como facemos na aula) e a reutilización de materiais para facer as nosas manualidades.
É tempo de xogar coa auga, mollarnos e experimentar, para o que vos propoño unha manualidade que nos permite observar como flotan os obxectos.
https://salaamarilla2009.blogspot.com/2013/01/experimentos-con-agua-flota-o-se-hunde.html
Nesta ligazón recóllese un recompilatorio de actividades para experimentar a flotabilidade dos obxectos na auga. A min o que máis me interesa é o primeiro de contrastar e observar diferentes obxectos. Pero pásovolo completo por se queredes experimentar de máis maneiras.
Feliz martes Xoaniñ@s!
- 44 lecturas
- Versión para impresora
- Send by email
- Versión PDF