Skip to Content

DO CEO Á TERRA. DA TERRA AO MAR.

DO CEO Á TERRA. DA TERRA AO MAR

Bos días Xoaniñas feiticeiras!

 

Imos comezar unha nova parte do noso proxecto de "Seres mitolóxicos", a última. Neste mini proxecto achegarémonos á vida mariña (animais, plantas e outros seres).

 

Pero antes de empezar... por que non bailamos un pouco e nos deixamos levar ao ritmo de Bajo el mar, co cangrexo Sebastián e os peixiños da Sereíña. Movede o voso corpiño libremente, disfrutando de cada contoneo, da melodía e do ritmo. Divertídevos!

 

https://i.ytimg.com/vi/LLGz_FIwPBY/0.jpg); background-position: center; background-repeat: no-repeat; height: 266px; width: 320px; " data-original-id="BLOGGER_object_0" />

 

Nos días de hoxe, comprendemos que temos que reinterpretar as películas infantiles de Disney, e analizalas profundamente cos e coas nenas, para transmitir os valores adecuados. Neste caso... quero dicirvos, Xoaniñ@s, que sodes perfect@s tal e como sodes, e que non debedes cambiar nunca para ser o que outras persoas esperan de vós, ou para que ninguén vos queira. Porque aquel/aquela que o faga, quereravos sempre coas vosas perfeccións e imperfeccións e animaravos a ser quen sodes.

 

Agora si... para sumerxirnos nesta nova etapa de seres fantásticos, imos recordar onde vivían os que xa vimos...

 

 

Recorta as letras pola liña de puntos e colócaas formando a palabra "FRAGA".

Conta as vogais A que hai e escribe os números 1, 2 e 3 por detrás.

Escribe o teu nome.

 

 

Rodea os seres mitolóxicos que podemos atopar nas fragas galegas.

ATENCIÓN: Para aquel@s que tedes o material na casa, esta é a ficha número 4 do caderno do proxecto "Seres mitolóxicos".

 

 

 

Fai os trazos primeiro con lapis e logo con rotulador.

Pon o nome por detrás.

ATENCIÓN: Para aquel@s que tedes o material na casa, esta é unha versión da ficha número 15 do caderno do proxecto "Seres mitolóxicos". Podedes escoller.

 

 

Ata aquí por hoxe Xoaniñ@s fantástic@s! Feliz semana!

 

 



page | by Dr. Radut