Skip to Content

EU SON O TRIÁNGULO

 

Bos días Xoaniñ@s!

 

Xa vedes... hoxe a quen imos coñecer? Siiiiiiii... moi ben!!!! Ao TRIÁNGULO.

 

Para comezar con el, podedes ver na seguinte ligazón o 

Conto das figuras xeométricas

 

 

 

Coma sempre, ante calquera concepto pódense facer múltiples xogos (como os que xa vos fun colgando no blogue). O importante sempre é que manipulen e xoguen moito, tanto de forma dirixida como non dirixida, desenvolvendo a capacidade de observación, atención, imaxinación, creatividade, inxenio...

 

     

 

Eu sigo na liña dos elementos naturais, pero pódense facer infinidade de presentacións.

 

 

 

Os pauíños de cores (que hai en calquera librería) tamén son un recurso moi bo.

 

 

Déixovos as fichas para hoxe, que, coma sempre, hai que facer con agarimo, desenvolvendo o gusto polos traballos ben feitos e curiosos.

 

1. Repasa con lapis e rotulador despois todos os triángulos.

2. Cal é o máis grande? Cubrímolo con papeliños (folios de cores, xornal, revista... recortes varios).

3. Cantos triángulos pequenos hai? Coloréaos das cores que queiras.

4. NO REVERSO: Escribe o número 3 e pon o teu nome.

 

 

1. Conta cantos triángulos de puntiños hai.

2. Repásaos con lapis e rotulador.

3. Colorea todos os triángulos que vexas nos debuxos.

 

XA VEDES QUE EN INFANTIL, TODAS AS APRENDIZAXES SON GLOBALIZADAS. É DICIR, MENTRES PRESENTAMOS UN CONCEPTO, TRABALLAMOS Á VEZ OUTROS (NÚMEROS, CORES, LETRAS...) E VARIAS DESTREZAS (RAZONAMENTO LÓXICO, ATENCIÓN, MOTRICIDADE, CAPACIDADE DE DECISIÓN...).

 

Antes de dicirvos ata mañá, déixovos unha fichiña máis, moi sinxela, para pegar gomets de cores. Queredes?

 

 

Agora si, disfrutade do martes. Estou desexando vervos! 

Un bico enorme!

 



page | by Dr. Radut