Skip to Content

A NATUREZA. O CORPO. AUTORRETRATO

A natureza. O corpo. Autorretrato

 

Bos días Xoaniñ@s!

Hoxe é un día para sentir, vivenciar, experimentar, manipular, xogar, crear... Hoxe propóñovos recoller todo tipo de materiais da natureza (pedras, pauíños, follas, sementes, flores, cunchas, herbas, terra, area...) e gardalos como se fosen un tesouro, para crear todo aquilo que as vosas mentes poidan imaxinar.

IDEA PARA MAMÁ, PAPÁ, AVÓS...

Déixovos unha proposta dun educador infantil, baseada na pedagoxía activa de Reggio Emilia, moi interesante sobre un paseo enriquecedor na nosa contorna, moi relacionado co que hoxe vos propoño:

 

Unha vez teñades diversidade de materiais, lavámolos ben e pedídelle a mamá ou papá caixiñas con compartimentos (ou pequenos recipientes) e imos separalos e clasificalos.

Temos moito que aprender con eles!

 

 
 

Posibles actividades:

1. Clasificámolos. 2. Escribimos os seus nomes. 3. Contámolos. 4. Facemos series sinxelas. 5. Agrupámolos por tamaño, cor, forma... 6. Exploramos como sonan ao chocalos, ao tiralos na auga, no chan... 7. Tocámolos. 8. Facemos creacións artísticas. 9. Colocámolos en fila ascendente e descendente. 10. Apilámolos. 11. Construímos un circuíto de psicomotricidade. 12. Inventamos historias.

 

 

Na seguinte ligazón podedes ver un artigo cun recompilatorio de actividades de creación e experimentación con materiais non regrados:

 

 
 

E, dende que xa os teñades, exprimidos ao máximo...

vouvos pedir que fagades un autorretrato con eles (do estilo da imaxe)

 

 

 
 

Igualmente, déixovos un par de fichas para traballar os sentidos cos que hoxe experimentamos.

 

                                   

FICHA 1: Colorea o sentido correspondente a cada acción.

FICHA 2: Risca a imaxe que non pertence a cada sentido. E colorea as que si se corresponden.

 

 

Feliz martes!



page | by Dr. Radut