Restablecemento do prazo de admisión do alumnado.
Restablecemento do prazo de admisión do alumnado
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE NOVAS MATRICULAS
No día de hoxe seis de maio , publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020 que, no ámbito educativo, estableceu os seguintes acordos:
Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.
1. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
• Dende o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes ámbolos dous inclusive.
2. NOVOS PRAZOS DO PROCESO:
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
1. ANEXO II cuberto (pode recollerse no centro ou descargalo do portal https://edu.xunta.es/admisión alumnado
2. CERTICADO DE EMPADROAMENTO no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nese domicilio e data de alta no mesmo.
3. FOTOCOPIA DOS DNI DOS PROXENITORES.
4. DOCUMENTO ACREDITATIVO DA IDADE DO /A NENO/A (Libro de familia, DNI, partida de nacemento, etc).
5.FOTOCOPIA DO CARNÉ DE FAMILIA NUMEROSA, se procede.
6.CONVENIO REGULADOR OU RESOLUCIÓN XUDICIAL DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO (se é o caso).
A documentación será entregada na Secretaría do Centro en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Recordamos que o alumnado actualmente matriculado, non necesita solicitar admisión, pois xa ten reervada a súa praza .
O horario de atención a familias, no centro, será de 10:00 a 13:00.
As familias que xa entregaran a documentación antes da suspensión das clases, non terán que volver.
Pedímosvos que antes de vir, chamedes ao centro para concretar unha hora e evitar aglomeracións no interior do colexio.
Solicitamos ás persoas que acudan ao centro, que extremen as medidas de distancia e hixiene, respectando en todo momento as indicacións. Agradécese a colaboración de todos/as
Un saúdo. O Equipo Directivo.
- 39 lecturas
- Versión para impresora
- Send by email
- Versión PDF