A Nosa Voz (2014/2015)

A revista “A Nosa Voz” publícase no noso centro dende hai moitos anos.

Este é o primeiro ano que se fai só en formato dixital, pois as novas tecnoloxías obrigan a avanzar e dar un paso adiante.

A coordinación da elaboración desta revista levouse a cabo dende o Equipo de Normalización Lingüística, coa colaboración e participación de todo o profesorado e alumnado do centro. A maquetación e publicación des primeiro número dixital realizouna o equipo TIC.

O traballo foi repartido por niveis e especialidades. Elaboráronse diferentes artigos sobre as distintas celebracións e conmemoracións como o Samaín, o Magosto, o Estatuto de Autonomía, o Día da Lingua Materna, o Día de Rosalía, o día das Letras Galegas, a II Xornada de Xogos Populares, o Entroido, o Nadal,..., e outras actividades como o intercambio de correspondencia co CEIP P. Albino Núñez de Ourense ou a participación no concurso de marcapáxinas da Biblioteca Municipal, que este ano tivo como protagonista a Narciso Luaces.

Esperamos que vos guste!!

Revista "A Nosa Voz" - Educación Infantil.

Revista "A Nosa Voz" - Educación Primaria.

Revista "A Nosa Voz" - Especialistas e Equipos de Dinamización.

 

Somos conscientes de que algunhas das fotos poden verse algo pequenas, pero iso é debido a que tivemos que adaptalas ao tamaño da revista. Para aquelas familias que teñan interese en ver, a maior tamaño, as fotos das actividades realizadas durante todo o curso, aquí deixamos o enlace da galería da propia páxina web do centro.

GALERÍA DE FOTOS