Equipo e actuacións
EQUIPO DAS TICS
O equipo de dinamización das TIC está formado por un total de sete mestres:
- Antonia Fraguela (titora de 3º A de primaria)
- Gloria Quintana (especialista en música)
- Estefanía Yáñez (titora de 5º A de primaria)
- Gloria López (titora de 4ºA de primaria)
- María Sonia Castañeda (especialista de Audición e Linguaxe)
- Margarita Rodríguez García (titora de 6º A de primaria)
- Noemi Caaveiro (especialista en Pedagoxía Terapeútica E coordinadora)
Actuacións previstas:
- Favorecer o uso da sala de informática para todo o alumnado.
- Estimular o uso das novas tecnoloxías no profesorado do centro.
- Incentivar a participación do profesorado nos cursos de formación que se celebren.
- Manter operativo o equipamento informático do centro.
- Actualizar o inventario.
- Facer a ficha de utilización mensual para as distintas aulas.
- Solventar os pequenos problemas informáticos na medida do posible ou derivalos aos técnicos de AMTEGA.
- Garantir o uso correcto do equipamento informático do centro.
- Mantemento e xestión da páxina web e da aula virtual do centro.
- Apoio e asesoramento na implantación e desenvolvemento de EDIXGAL.
- Posta en marcha dun blogue do colexio en coordinación co equipo de normalización.
- Elaboración de montaxes audiovisuais que recollan algunhas das actividades do colexio.
- Posta en marcha dunha serie de ligazóns a recursos organizados e levalos coma ferramenta útil á aula de informática.