Os participantes do concurso "Escola en Camiño" de Faro de Vigo, recibiron esta semana o seu premio de mención especial na categoría de infografías. O debuxo de André ben mereceu o seu premio. Noraboa, artista!!!!!
|
|||
Trasniños 1 e 2 participaron nun contacontos dunhas bruxiñas un pouco rabudas. O conto "A bruxa enrabechada" foi todo un éxito!!! Xa están a argallar a receita da beberaxe verde. |
|||
Arrancamos os nosos clubs de lectura. Nesta ocasión os Trasnos están a ler "Matilda", un clásico de Roal Dahl. Estalles a gustar moitísimo!!!! Agardamos ter unha reunión moi moi moi entretida!!!! Animámosvos a lelo!!!! Vaivos encantar!!!!
|
|||
E así comezamos o curso no CEIP Josefa Alonso, con moita alegría, tradición e rodeados de amigos, como os nosos amigos e amigas de Sete Cuncas que sempre están ao noso carón en días especiais.
|
|||
Publicado no taboleiro interior do centro a resolución definitiva das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado de 1º e 2º de Primaria e do Fondo Solidario de libros de texto e material para o resto do alumnado de Educación Primaria. O xoves 29 e o venres 30 de xuño serán os días de entrega de vales en horario de mañá. Lembrade que se non pode vir o solicitante a recoller o vale, a persoa que o recolla deberá presentar unha autorización asinada polo solicitante e acompañada dos DNI ou copia da persoa que recolle os vales. |
|||
PODEDES ATOPAR O LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023/2024 NO DOCUMENTO ADXUNTO. ACONSELLAMOS NON COMPRAR NADA ATA QUE COMECE O CURSO E A TITORA CONFIRME OS LIBROS E MATERIAIS QUE SE UTILIZARÁN. |
|||
Hoxe día 20 comeza o prazo para a formalización de matrículas para o novo alumnado de Educación Infantil e Primaria para o curso 2023/2024. A documentación solicitada é a seguinte: - 2 fotografías tamaño carnet. - Fotocopia libro de familia. - Fotocopia tarxeta samitaria e libro de vacinas. - Fotocopia DNI. - Impreso que se vos facilitará na secretaría do centro. Tedes ata o día 30 para entregar a documentación en horario de mañá. |
|||
O alumnado de 5º EP amosounos os traballos realizados ao longo do curso sobre o PDI "Os deportes". Traballaron moitísimo pero tamén aprenderon moitísimas cousas sobre os deportes. |
|||
|
|||
Con tantos libros de arte que hai na biblioteca, non podíamos deixar de traballar os cadros máis famosos, ou algúns deles!!!! Despois de buscar nos baúis de disfraces, atoparon os atuendos máis axeitados para lograr este marabilloso resultado!!!! Grazas ás familias por axudar sempre nas actividades propostas!!!
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »