SESIÓN DE IOGA EN EDUCACIÓN INFANTIL E NO EQUIPO DAS MANS ALZADAS

ENTROIDO 2019

Un ano máis, festexamos o festival de Entroido coa inestimable colaboración da ANPA e a participación das familias do noso alumnado, pero este ano tivemos unha gran novidade xa que realizamos un desfile pola contorna, amenizado polo grupo Sete Cuncas.

Agardamos que gozarades da xornada tanto coma nós.

Moitísimas grazas!

 

ESCOLA DE FAMILIAS

O pasado Martes 19 de Febreiro tivemos no centro a segunda xuntanza da Escola de Familias. Nesta ocasión, a charla guiada por Hadriana Ordóñez, versou sobre a Educación afectivo-sexual e a importancia de tratar o tema con naturalidade, dende que os nenos e nenas son pequenos, adaptando os contidos a súa idade e madurez persoal.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

MARTES 19 DE FEBREIRO DE 2019 ÁS 16HORAS.

MÉRCORES 20 DE FEBREIRO DE 2019 ÁS 09 HORAS.

XOVES 21 DE FEBREIRO DE 2019 ÁS 13 HORAS.

REFORESTACIÓN E CONVIVENCIA NO PARQUE FORESTAL MARUXENTO

Dende o claustro da escola queremos agradecer ao colectivo Malaherba, a Diego e a tódolos participantes desta xornada pola vosa colaboración e entusiasmo. Bo traballo equipo!

 

DÍA DA PAZ

OBRADOIRO: "CATRO PATAS DE APOIO"

O pasado Martes contamos coa presenza de Yaracan Galicia que realizou na nosa escola o obradoiro: "catro patas de apoio" no que grandes e pequenos aprendemos valores e desfrutamos da compañía dos cans de terapia Trufa, Ayla, Uma e Eco e as súas adestradoras.

Moitas grazas por vir!

 

 

Feliz Ano

Festival de Nadal

O alumnado do Ceip Josefa Alonso queren amosarvos as súas actuacións no festival de Nadal. Son uns artistas e unhas artistas!!! Bo Nadal!!!

 No Nadal con animais (Ed. Infantil)

Esta vida es criminal (6º E.P.)

A luz do Nadal (1º E.P.)

Un Nadal desastroso (2º E.P.)

Polca do cuco (3º E.P.)

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza (4º E.P.)

A mazá que quería ser estrela (5º E.P.)

Jingle bell rock (6º E.P.- Inglés)

Nadal na granxa (4º E.P. - Relixión)

BO NADAL!

O equipo directivo do CEIP Josefa Alonso, xunto co claustro de mestras, desexávos que gocedes deste tempo de lecer coas vosas familias e amigos.

Bo Nadal e feliz Aninovo a todos e a todas!

 

Distribuir contido