Normalización Lingüística

Cine para nenas e nenos en galego

Quen me leva o cine?

Todos os sábados de outubro a decembro ás 18:00

No museo de arte contemporaneo MACUF, da Coruña

 

¡e de balde!

PREME AQUÍ PARA VER O FOLLETO

Cine para nenas e nenos en galego

¿QUE É O SAMAÍN?

 

samaín

 

 

 

Introducción e orixe da festa

Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas.

Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume), Ogma (forza e literatura) Donn (morte), Lugh (sabiduría), As Morrigan (das batallas)…, que representaban tanto as forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios:

1 de Febreiro en honra a  Imbole

1 de Maio en honra a Beltain

1 de  Agosto en honra a Lungh

1 de Novembro en honra a Samaín

O igual que outros pobos bárbaros, os Celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra coma o cerne dos misterios do ser humano.

Crían que "aquel que posuíse unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma".

Cando as colocaban en lugares estratéxicos non só lle concedían valores defensivos senón que tamén lles crían capaces de sucesos prodixiosos dende cánticos celestiais, arrepiantes berros e sobre todo profecías verdadeiras.

A festa do Samaín era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.

Un fenómeno cultural internacional

Foron moitos os pobos que ó longo da historia atoparon nas cabezas do inimigos un elemento máxico de adoración e veneración, facéndose a carón seu rituais e costumes que aínda hoxe se atopan en pobos cun nivel de civilización semellante o que podían ter os Celtas cando chegaron a Galicia.

É sen dúbida a festa de Hallowen o fenómeno cultural máis intimamente vencellado á nosa tradición do tallado de caveiras. O mundo británico con raíces celtas semellantes ás galegas soubo manter e espallar polo planeta adiante esta tradición convertíndoa nun clásico moderno para a diversión do mundo infantil.

No Hallowen, recoñecido como festa ou data de meigas e bruxas, os nenos tallan así mesmo caveiras nas cortizas dos melóns e argallan disfraces onde o motivo recorrente son a morte, as meigas e o Outromundo. Festa que aínda hoxe segue a celebrarse o 1 de Novembro coma testemuño da memoria milenaria a un legado histórico impresionante.

Non se trata pois de comparar o Samaín coma unha copia do Hallowen, nin viceversa. As dúas celebracións son vestixios similares que arrancan das máis fondas raíces culturais e antropolóxicas que noutro tempo coincidían no pobo galego e no británico.

¿Que é unha cabaceira?

A cabaceira é unha planta de follas moles e amplas, cunhas flores comestibles de cor laranxa. O seu froito acada un grande tamaño e posúe unha cortiza dura que garda unha carne polposa na que se sosteñen ducias de sementes chamadas pebidas.

Soe plantarse a primeiros de verán no medio do maínzo porque aproveita as súas canas para prender os seus sarmentos. Necesita terreos húmidos e un tempo quente, soporta ben as terras ácidas por iso se da en Galicia.

Existe unha grande diversidade de especies de cabaceiras (todas da familia das Cucurbitáceas), por exemplo a cabaza pasteleira, a cabaza de Senegal, a cabaza de San Pedro, a cabaza de California, a cabaza da India, etc. En Galicia seméntanse varias especies de cabaceiras sendo a máis común e a máis extendida a Cucurbita pepo ou cabaceira común.

  Uso das cabazas 

Os usos desta especie son moi variados, sendo a mantenza do gando a principal de todos eles. Así mesmo en moitas zonas de Galicia aproveitase para o consumo humano, facendo doces e potaxes para o que se aproveitan as máis maduras de todas elas. Este costume culinario tamén se atopa no mundo británico. Da súa cortiza pode extraerse tamén un aceite vexetal. Así mesmo, as pebidas enxoitas e salgadas son aproveitadas para o consumo humano e tamén hoxe en día véndense en moitas tendas para o seu consumo como outros froitos secos.


 E curioso que moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos.

¿Como se fai unha caveira?

A técnica do tallado da caveira é ben sinxela. Empézase facendo unha incisión superior semellante a unha boina. Afástase este bonete, límpase por dentro axudándose dun raspador, toda a polpa e os farrapos de onde colgan as pebidas ou sementes do froito. Tendo o interior ben limpo e rebaixado fanse dous furados para os ollos, outro para o nariz e outro para a boca. Pódese rematar poñéndolle uns pauciños nos beizos a xeito de dentes e prendendo unha vela no seu inteiror co coidado de colocala convenientemente para que non caia

  ADIVIÑA:

¿Qué cousa cousiña é,

que para adiviñar é,

que na boca ten o pé?

    (A cabaza)

REFRÁN:

A cabaza e o casar todo é acertar.

A cabaza e o queixo, sempre ó peso.

NOVO CURSO 2010-2011

Dende o departamento de Normalización Língüística dámosvos a  benvida a este novo curso 2010-2011.

contamos convosco para todas as actividades que imos facer.

 

O proxecto deste ano chámase " A VIDA DAS FRAGAS " e virá cheo de sorpresas...

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010: Uxío Novoneyra

Este ano o día das Letras Galegas, o 17 de maio de 2010, está adicado a Uxío Novoneyra. Aquí tedes una páxina con información e actividades deste gran autor.

Uxío Novoneyra 2010 (recursos da Coordinadora de ENDL)

Unidades didácticas (Seminario Galán):
 Recursos en liña (Seminario Galán e outros):
 Webquest  para 3º ciclo (CEIP de Andrade)
 Galería de fotos e gravados de Uxío Novoneyra (web oficial)
Vídeos de Uxío Novoneyra (youtube)

 

Proxecto de Fomento do Uso do Galego

Neste curso 2009-10, o noso centro participou na convocatoria establecida pola Consellería de Educación no Proxectos de Fomento do Uso do Galego. Eiquí, presentamos o noso, no que se basan moitas actividades realizadas na nosa escola.

 

O TREN QUE ME LEVA POLO CAMIÑO