CONTAMOS COA PAZ |
||
|
|
|
|
No corredor do centro poderás atopar algúns títulos interesantes! |
|
|
Normalización Lingüística
Paz bilioteca
recollida datos outono
CULTURA ORAL DE OUTONO
Grazas a tódalas familias por colaboar e transmitirnos parte da súa cultura oral.
Aquí amosamos algunhas das aportacións: refráns, cantigas, receitas ou adiviñas...
REFRÁNS Temperá é a castaña que por setembro regaña. Alumno/a: Álex 4º Transmisor/a: Ana Isabel (nai)
Verán de San Martiño grande ou pequeniño. Alumno/a: Mario 4º Transmisor/a: José Calvete Varela
San Martiño pan e viño. Alumno/a: Carlos 3º Transmisor/a: Carlos
A todo porquiño lle chega o seu San Martiño. Alumno/a: Claudia Cambón 2º Transmisor/a: Mª Carmen (nai)
Novembro quente, maio xeado. Alumno/a: Mario 4º Transmisor/a: José Calvete Varela
Se en setembro comeza a chover, outono seguro que é. Alumno/a: Álex 4º Transmisor/a: Ana Isabel (nai)
O verán de San Martiño ou é grande ou pequeniño. por San Martiño proba o teu viño, polo San Andrés, neve nos pés. Alumno/a: Uxía Corral Castro 5º Transmisor/a: Begoña (nai)
Antes de San Martiño pan e viño, e despois de San Martiño fame e frío. Alumno/a: Claudia Cambón 2º Transmisor/a: Mª Carmen (nai)
O verán de San Martiño é moi grande ou pequeniño. Por San Martiño, home abre o teu viño. Alumno/a: Alejandro Varela 2º Transmisor/a: Manuel ( avó)
Outono quente, trae o demo no ventre. En outubro non molesta o lume. O sol de outono, mata ao seu dono. Outono chegar, porco cebar. Flores en outono, fame no ano novo. Bo outono, ledicia do dono. A horta de outono, mantén ao seu dono. Alumno/a: Adrián Castro 6º Transmisor/a: Adrián Castro
Novembro tronado malo para o pastor e peor para o gando. Alumno/a: Adrián Blanco 6º Transmisor/a: nai
Polo San Martiño castañas e caldiño. Alumno/a: Alejandra 4º Transmisor/a: Pepe (amigo)
Fabas na eira barbadas na Ribeira Alumno/a: Alejandra 4º Transmisor/a: Pepe (amigo)
O que non ten maña non asa castaña. Alumno/a: Alejandra 4º Transmisor/a: Pepe (amigo)
*A berza en outono mata ao seu dono e a berza en xaneiro sabe a carneiro. *Por San Martiño, pan e viño e de San Martiño en adiante fame e frío (Matilde de Benjamí) *A todo porco lle chega o seu San Martiño *A bogha en xaneiro sabe a carneiro e en abril sabe a pernil (Xeneroso de Blon, Malpica) *Millo na eira, lamparón na caldeira. *Por San Silvestre, os allos, nin na terra nin na restra. *Por San Amaro, arrincar as cañotas do millo e comer a paleta. Achegados pola alumna Clara Gacio Español e transmitidos por Rosa Moreira Domínguez (A Garda-Pontevedra)
*Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño. *A castaña que está no camino é do veciño. *Miña nai, dóeme a barriga; miña filla, confesión, as castañas que comeches de que castiñeiro son? Achegados polo alumno Manuel Suárez Varela e transmitidos pola súa avoa Manuela Caamaño V.
*Ata San Martiño pan e viño e despois fame e frío. *O verán de San Martiño ou será grande ou será pequeniño. Achegados polo alumno Alán Moscoso Faya e transmitidos pola súa avoa Almudena.
*Polo San Martiño, bebe o viño e deixa a auga para o muíño. *Castañas, noves e viño, fan a delicia do San Martiño. Achegados pola alumna Lara Souto Varela e transmitidos por Jesús, o seu pai.
*O verán de San Martiño, pode ser grande ou pequeniño *En Santa Lucía, menguan as noites e crecen os días. Achegados por Rubén Parga Baña e transmitidos pola súa avoa.
*Debaixo do lavadoiro, donde María lavaba, había un anillo dourado. *Santa Margarita tiene encima de su corona un letrerito que pone: Muchacha viva tu honra! Achegados polo alumno Alexandro Pena Cambre e transmitidos por María de Vigas.
*Polo San Martiño, deixa a auga, come pan e bebe viño. *A todo porco lle chega o seu San Martiño. *Polo San Martiño, andas as noces a roliño. *O veranciño de San Martiño, ou grande ou pequeniño. *No mes dos mortos, mata os teus porcos. *Dende Santos ó Nadal é inverno natural. Achegados por Iván Blanco Fariña e transmitidos por Gustavo Blanco Velo.
|
CANTIGAS
A castaña no ourizo eu ben che sei o que fai: se está verde, madura e se está madura, cae. Alumno/a: Álex 4º Transmisor/a: Ana Isabel (nai)
Durmidiña nun ourizo soñaba unha castaña que bailaba unha muiñeira sobre a tea dunha graña. Alumno/a: Pablo 3º Transmisor/a:
Outono bonito,follas no chan castañas asadas que boas están. Alumno/a: Marcos 5º Trasmisor/a: Marcos
Nena que estás na ventana coa punta do pano fóra retírao para dentro que o pano non me enamora.
-A que vés aquí Ramón? -Eu aquí non veño a nada, como son foliadeiro veño a ver a foliada.
Se viras o que eu vin quedabas abaneando unha cadela con pitos e unha galiña chorando.
O raposo está berrando no alto de Camariñas que lle leven os zapatos que lle pican as espiñas
Toca miña pandeireta senón eite de rachar que me custaches os cartos axúdamos a gañar.
Manualiño meu amor Manualiño meu amor vámola así levando que o mundo é gañador.
Achegadas por Alexandro Pena Cambre e transmitidas por Esther Natividad Cambre Garrido (a nai)
Abexío de gaibotas nunha manda de fiaño bañeiros en calzoncillos andan en Canido aos baños.
De D. Pedro Loureiro (Ex-alcalde e mestre do concello de Malpica). Achegadas por Clara Gacio Español)
Vinde para Buño neniños que Buño é boa terra Uh, uh, uh, uh Fan santos de barro que xa no nos fai calquera Aila lalalala aila lalala
Achegada por Javier Facal Ceán e transmitida pola súa nai.
|
RECEITAS
PAN DE NOCES
INGREDENTES: 1/2kg de noces pasas 100gr. de uvas pasas 2 ovos Unhas gotas de coñac 1 sobre de levadura 1/2 vaso de aceite 350gr. de fariña
ELABORACIÓN: Amásanse todos os ingredentes e déisanxe repousar unha hora, despois cócese no forno.
Alumno/a: Lara Lista 6º Transmisor/a: Magdalena Ceán
CASTAÑAS EN ZUME DE LARANXA
INGREDENTES: Castañas, auga, azucre e laranxas ELABORACIÓN:
Alumno/a: Noelia Novo 6º |
ADIVIÑAS
No aire se cría no aire se ten bota unha risada e perde o que ten. Alumno/a: Álex 4º Transmisor/a: Ana Isabel (nai)
Voa sen ás anda sen pés dache na cara e ti non o ves. Alumno/a: Claudia Suárez 2º Transmisor/a: Verónica (nai)
Polos altos do pousadeiro anda unha nena co zoscadoiro para zoscarlle ao vento nordés, porque lle puxo o paraugas do revés e mollouna todiña da cabeza aos pés. Alumno/a: Claudia Suárez 2º Transmisor/a: Verónica (nai)
|
contidos nadal
Bo Nadal O equipo de dinamización da lingua galega quere desexarlles ás familias unhas moi felices festas e un próspero aninovo.
Tamén queremos aproveitar esta ocasión para ofrecerlles algúns recursos relacionados con estas datas
|
||
PANXOLIÑAS | COSTUMES DO NADAL NO MUNDO | |
REFRÁNS E DITOS POPULARES | ||
Deixa
do
sorprenda
|
||
|
falar de castañas
O FALAR DAS CASTAÑAS
Sabemos todo sobre as castañas?
Castañas |
as que non se lograron
|
Os |
castañas que se desprenden do ourizo espontáneamente.
|
Un |
castaña cocida sen pel ou asada e
|
Mamotas, |
castañas cocidas coa pel |
Casañas maiolas ou maias |
castañas secas, sen pel), castañeira
|
Soutar |
apaña-las castañas que caen dos castiñeiros.
|
Unha |
morea de ourizos con castañas e lugar
|
A |
casca da castaña seca
|
E qué significa...
Auga de castañas |
chuvia miúda
|
Darlle a un a castaña |
enganalo ou darlle un golpe
|
Sacarlle as castañas do lume a laguen |
solucionarlle unha dificultade |
Quen sabe...
que
tempo lle acae á castaña
para ben medrar?
“en agosto arder,
en setembro beber."
(refrán)
E apetece unha cantiga?
A
castaña no ourizo,
eu ben sei como ela fai:
des que pinta madurece,
des que madurece, cae.
¡As nosas cabazas saen no xornal!
AS NOSAS CABAZAS
SAEN NO XORNAL !
Os fotógrafos da Voz de Galicia, acudiron ó centro durante a exposición de cabazas para coñecer como estabamos a celebrar o Samaín na nosa escola.
Este é o enlace no que saímos nós e onde aparecen fotografías doutros centros veciños.