Co gallo do día do Medio Ambiente, no centro se celebraron unha serie de actividades conmemorativas, que trataban de coñecer e valorar a importancia dos montes.
Fixemos uns CÓMICS estupendos, na nosa língua.
PODES VELO
E, o alumnado de INFANTIL, asistiu a un TEATRO DE SOMBRAS relacionado coa temática da natureza e a importancia da conservación da auga.
mírao
ESTE XOVES REPETIRASE NA HORA DO RECREO PARA PRIMARIA, NON FALTEDES! |
||
Normalización Lingüística
COMICS e SOMBRAS NL
Mais lois
Deseño de Séchu Sende (Made in Galiza)
Comezou o Ano de Lois Pereiro, poeta monfortino ao que a Academia da Lingua Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas 2011 co obxectivo de valorar e reivindicar unha figura que conecta a poesía galega cos movementos da cultura europea dos 80 e a contracultura. Segundo o presidente da institución, Xosé Luis Méndez Ferrín, a figura de Pereiro é distinta ao perfil habitual dos homenaxeados no Día das Letras e posúe un carácter simbólico especial para a institución. "Nas letras galegas", asegurou Ferrín, "constitúe unha liña de intensidade vital e de formas contemporáneas". Lois Pereiro (Monforte, 1958 - A Coruña, 1996) iniciouse na literatura nunha revista experimental, Loia, aos dezasete anos. Naquela publicación o seu nome apareceu ligado a un grupo de mozos e mozas universitarios galegos como como Antón Patiño, Menchu Lamas, Manuel Rivas, o seu irmán Xosé Manuel Pereiro, Fermín Bouza ou Vicente Araguas, que editaban esta revista no Madrid dos anos 70. Máis tarde, formou parte do Grupo de Amor e Desamor, un colectivo que editou a mediados dos 80 na Coruña dous libros homónimos. O seu primeiro poemario non veu a luz até 1991, Poemas 1981/1991, ao que seguiu en 1994 Poesía última de amor e enfermidade. A súa obra tamén se pode atopar en antoloxías como Después de la modernidad (1987) e en revistas culturais daquela altura. Tras a súa morte publicouse Poemas para unha Loia, unha escolma da súa poesía de xuventude que tamén inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia. Tamén postumamente apareceu unha novela inconclusa co título Náufragos do paradiso (revista Luzes de Galiza).
|
||
|
||
|
letras galegas nota
LETRAS GALEGAS 2011
|
||
Estamos a organizar unha “fiadeira” que ten como obxectivo a cooperación entre alumado, centro e familias. Sería moi interesante, dado que a transmisión de cultura é facilitada polos maiores, que estes poideran achegarnos o seu saber vindo a cantar coas súas netas e netos aquelas cantigas que coñece de toda a vida para que sigan perdurando. Se algunha persoa, se anima a preparar unha pequena canción, soa ou acompañada, para o centro e para os nenos, sería un verdadeiro pracer. (se queredes podedes traer algún instrumento de acompañamento: pandeireta, cunchas, pandeiro…) Non fai falta máis que ter ganas de cantar para improvisar xuntos!
O acto terá lugar o venres 13 de maio a partires das 12 da mañá.
Atentamente, un saúdo. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
|
||
Xogos populares fotos
Xogos populares
|
||
Para ver as fotos, preme neste
|
||
Como xa sabedes, podedes seguir utilizando o material dos xogos populares durante os recreos.
Simplemente debedes deixar os vosos datos na lista de préstamos. |
|
|
xogos populares
|
||
Dende o centro estamos a propoñer a volta ós xogos tradicionais como forma de convivencia.
Para isto, durante esta semana, contamos coa axuda do alumnado do centro, dende o nível de infantil até o último curso de primaria para que sexan elas e eles os encargados de ensinarnos ós demais como se xoga.
Tamén queremos contarvos que a partires da próxima semana, haberá un caixón con material de xogos tradicionais para que o alumnado o poida empregar no patio.
¡¡Vémonos nos recreos!!
|
galería postais nadal
Xa podedes consultar as fotos das postais de Nadal dende a GALERÍA da web |
|
1º Premio Carlota Varela Balseiro (4 anos)
|