Premendo sobre o seguinte enlace, accederedes ao xogo clásico do aforcado ambientado na fogueira da noite de San Xoán.
http://www.edu.xunta.es/xogos/aforcado/aforcado.html
Premendo sobre o seguinte enlace, accederedes ao xogo clásico do aforcado ambientado na fogueira da noite de San Xoán.
http://www.edu.xunta.es/xogos/aforcado/aforcado.html
O xogo Carné de multiplicador está chegando á súa fin. Moitos dos seus participantes xa o completaron e conseguiron un premio especial!
Aínda estades a tempo de participar para conseguir o carné de multiplicador. Animádevos!
Repasa as taboas de multiplicar e a xogar!
Esta semana inaugúrase o novo blogue do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, Dalle á Lingua,adicado especialmente á Dinamización e Normalización da nosa lingua. Aquí poderese atopar moitos recursos para traballala. Agardamos que vos guste e que vos animedes a visitalo! se tedes algunha suxerencia, non dubidedes en falar co profesorado do centro e tentaremos incluílo no blogue.
http://www.dallelingua.blogspot.com.es/
O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora. Dende o colexio, leváronse a cabo diferentes actividades para conmemoralo. Unha delas é o xogo de adiviñas do que a continuación se mostra unha imaxe. Aínda estades a tempo de participar, animádevos!
Para máis información sobre o Día Internacional da Muller Traballadora, preme na imaxe.
O día 24 de Febreiro do 2015 cumpríronse 178 anos do nacemento da escritora e poetisa galega Rosalía de Castro, autora de poemarios como Cantares Gallegos e Follas novas.
Dende o colexio fíxoselle unha homenaxe. As alumnas e alumnos leron e cantaron varios dos seus poemas e viron unha presentación sobre a súa biografía. Para isto, contouse co traballo e coordinación da biblioteca, música, Normalización Lingüística e TICs.
Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |