Educación Física

Exhibición de E.F. dos alumnos de 6º.

 

 

Hai novas entradas no blogue de Educación Física, visítao

 

Pincha no enlace para aceder ao blogue: 

http://educacionfisicaenbunho.blogspot.com/

 

BLOG DE EDUCACIÓN FÍSICA

Atrévete a visitar o blog de Educación Física,

nel poderás ver algo do que imos facendo nas clases.

ACROSPORT NO 3º CICLO

O Acrosport é un "deporte acrobático realizado con compañeir@ ou en grupo, mediante a combinación de pirámides humanas, saltos acrobáticos e elementos coreográficos".
Practícase nun tapiz de 12x12m. no que se realizan exercicios con acompañamento musical. O exercicio debe conter elementos acrobáticos e ximnásticos de flexibilidade, equilibrio, saltos, xiros e movementos en cooperación entre os compoñentes do grupo.
Dalle a PLAY para ver un vídeo dunha competición.

INICIO CURSO 2010-2011

Este espazo web estará adicado a amosar as actividades que imos realizando na área de Educación Física nos distintos niveis.

BENVIDOS/AS AO CURSO 2010-2011

NORMAS PARA REALIZAR ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS.

Ø É imprescindible acudir ás sesións de Educación Física coa roupa e o calzado axeitado. No caso contrario non se poderá facer Educación Física.

Ø Para evitar accidentes desagradables durante a práctica de actividade física recorda que:

o  Tes que levar ben atadas as zapatillas deportivas.

o  Non se pode mascar chicle, comer caramelos…

o  É recomendable sacar os aneis, pendentes,colgantes...

Ø Respecta aos teus compañeiros/as (non todos podemos facer as mesmas cousas e da mesma maneira).

Ø Cando teñas algunha dúbida levanta a man. Se falamos todos ao mesmo tempo non nos enteraremos de nada (aprende a escoitar aos teus compañeiros/as).

  

Ademáis, para facilitar a marcha da sesión deberemos de:

ü Realizar as idas da clase ao patio cuberto e as voltas do patio cuberto á clase en orde de lista podendo falar en voz baixiña. Deste xeito respectaremos aos demáis compañeiros/as do centro e aproveitaremos de mellor maneira o tempo do que disporemos.

ü Ao chegar ao patio cuberto reunirémonos sempre na mesma zona para explicar o que faremos.

Por último pero máis importante é OBRIGATORIO PASALO BEN E DESFRUTAR DOS XOGOS COAS COMPAÑEIRAS/OS.

 

 

 

 

Patricia Graña Candal.

Mestra de Educación Física.