Que ocorre cando nenos e nenas de diferentes idades se misturan para aprender mentras xogan, traballan e conviven?...está claro... cando isto ocorre, a creatividade pasa a ser a chave do coñecemento...e é entón cando todo comeza a funcionar...
O telón ábrese, comeza a función...pasen a coñecer aos rapaces e rapazas de Educación Infantil nun obradoiro de froitas do outono.
Este obradoiro será a excusa perfecta coa que crear situacións a través das cales poidamos descubrir, discriminar, manipular e experimentar a través dos sentidos o mundo que nos rodea. Xa que os sentidos son a fonte de aprendizaxe que ten o ser humano dende que nace. Ademais coñecerán as froitas desta estación, cos seus sabores e coñecerán algunhas novas.
FAI CLIC NAS FROITAS PARA VER O VÍDEO