Bos días!
Espero que esteades todas e todos ben.
En xeral, fixestes moi, moi ben as actividades en Snappet!
Só uns pequenos recordos:
- Lembrade seguir poñendo maiúsculas nos nomes propios (tanto de persoas como de lugares).
- Unha carta debe levar data, saúdo, o contido que se escribe e unha despedida ao final.
- Cando queremos saber canto costa unha cousa soa (e nos dan o valor de varias), temos que facer unha división.
Encantoume ler as actividades nas que destacades, as que vos gustan e como vos sentides con elas. Tamén ver que investigastes as obras de Mozart (4º) e que vos gustaron en xeral!
Déixovos a proposta de tarefas para esta semana (do 4/5/20 ao 8/5/20):
Luns: Lingua Galega (actividades enviadas por Snappet)
Martes: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet)
Mércores: Lingua Galega (actividades enviadas por Snappet)
Xoves: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet)
Venres: Ciencias Naturais (actividades na páxina WEB do centro, dentro dos enlaces dos "bonequiños bailando" de 3º e 4º).
Recomendo que vos centredes nas tarefas de Snappet; aí xa vos vou eu seleccionando as actividades que considero máis significativas para que repasedes cada día.
Moito ánimo!
Actividades de Educación Artística