Ed. Infantil
Programacións
Enviado por admin o Dom, 05/03/2020 - 19:21ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS / 3º TRIMESTRE
Premendo no enlace correspondente poderás descargar os axustes da programación correspondentes ao 3º trimestre.
#nosquedamosnacasiña
#nosquedamosnacasiña
QUE DÍA É HOXE?
Igual que facemos na escola habitualmente, buscamos no almanaque o día que é hoxe, coloreámolo ou marcámolo cun adhesivo, aproveitamos para falar dos números, para dar tantos saltos como os días que xa pasaron neste mes, para falar dos aniversarios das amigas e amigos,…
DEBUXOS PARA AS NOSAS XANELAS
Un arco da vella, a miña familia, liñas e manchas,… Que os debuxos e composicións máis bonitos do mundo alegren as nosas xanelas! Un ao día, polo menos!
Pode ser un fermoso agasallo para os nosos maiores e familiares que non están connosco na nosa casa para enviarllo por WhatsApp ou por mail.
SEMENTES QUE MEDRAN
Podemos plantar ou poñer en algodón unhas lentellas, garavanzos,… Coidalas e observar como evolucionan ao longo dos días, debuxando ou fotografando o proceso.
HORA DE CANTAR, BAILAR E LEER. DESFRUTAR DOS CONTOS E DAS CANCIÓNS.
Buscando atoparemos un montón de contos para ser cantados e contados e pode ser unha actividade estupenda para calquera hora do día. Pode acompañar as outras tarefas e rutinas diarias.
PSICOMOTRICIDADE E RELAXACIÓN
Yoga para niños con animales - Smile and Learn
https://www.youtube.com/watch?v=t8748OWc1nQ
Yoga para niños | El saludo al Sol y Yoga con animales
https://www.youtube.com/watch?v=Dwt0qeBj85I
Yoga para niños - Las posturas de los animales del mar
https://www.youtube.com/watch?v=LOYxOzMUgAY
E ADEMAIS…
- ·
Colaborar tódolos días nas tarefas da casa.
- ·
Escoitar moita música, cantar e bailar.
- ·
Coller como rutina o lavado de mans, segundo as recomendacións.
- ·
Participar nos aplausos e agradecementos a todos os sanitarios e profesionais en xeral que nos axudan.
- ·
E falar moito, do que sentimos, do que pensamos, do que desexamos,…
Unha manchea de bicos para as nosas pequechas e pequechos.