Novas
Benvida
|
ELECCIÓNS MEMBROS CONSELLO ESCOLAR 2021/2022 CONST. XUNTA ELECTORAL CONVOCATORIA NAIS/PAIS RECORDATORIO
BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2021/2022
O Equipo Docente do Ceip Joaquina Gallego Jorreto quere dar a benvida ao alumnado e ás familias do Centro. Agardámosvos, xoves día 9 de setembro ás 9:15 horas. Os que decidan utilizar o transporte esperamos que, no básico, os horarios continúen coma no mes de xuño. Unha vez acceda o alumnado as aulas, de xeito similar a como se fixo o pasado curso, se o tempo nos respecta, procuraremos facer unha pequena xuntanza coas familias de cada titoría no patio do centro. Agradecemos de antemán a súa colaboración e paciencia. Intentaremos atendelos do mellor xeito posible. Asemade recordarlles que as normas Covid para o presente curso serán practicamente similares ao ano pasado. En vindeiros días procuraremos facerlle chegar as novidades que foran xurdindo. DEICA XA!!!
SOLICITUDE USUARIOS DE COMEDOR PARA O CURSO 2021/2022
Queda aberto o prazo para entregar as solicitudes de comedor correspondentes ao alumnado escolarizado no curso 2021/2022. As persoas interesadas poderán descargar no enlace ou recoller no centro os modelos de autodeclaración para poder cubrilos e entregalos en prazo.
PARA DESCARGAR PREME NO ENLACE
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022 Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022
FORON ADMITIDOS TÓDOL@S ALUMN@S QUE PRESENTARON A CORRRESPONDENTE SOLICITUDE: Deberán formalizar a matrícula do 21 ao 30 de xuño. (De non levar a cabo dito trámite, decaerá o dereito á praza obtida.) Para iso deberán aportar: - Impreso (cuberto) de formalización de matrícula e a documentación correspondente.
DATAS DO PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN 2021/2022
O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 22 de marzo na secretaría do centro (previa cita). Poden descargar o impreso premendo aquí
MASCARILLAS - ORDE DO 6 DE NOVEMBRO DE 2020 Estimadas familias: Segundo a norma 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial, en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, infórmase de que o ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA do CEIP Joaquina Gallego Jorreto (A Merca): 1.- Non ten presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 20/21. 2.- Ten que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 20/21 que cumpra algunha das seguintes condicións:
A SOLICITUDE ÚNICAMENTE SE PODERÁ PRESENTAR DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO EDUCATIVO DO 16 AO 27 DE NOVEMBRO. O centro adquirirá as máscaras tendo en conta os criterios establecidos nas instrucións de material hixiénico-sanitario Covid-19.
NOTA ACLARATORIA:
Un saúdo.
De acordo co establecido no Plan de Ensino Virtual da Consellería de Educación e na Resolución conxunta, do 2 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, vimos de crear os horarios espello, que regularán a actividade lectiva NON PRESENCIAL en caso de peche das aulas presenciais. A actividade virtual terá lugar na Aula Virtual ou na Edixgal (5º e 6º curso) e a través de vídeoconferencias co servizo Cisco Webex ou Falemos. Estos horarios poden modificarse, sendo informados dos cambios a través desta mesma páxina.
CIRCULAR CONVOCATORIA REUNIÓN ANPA Na Circular nº 2 achegamos a convocatoria para a reunión da Anpa que terá lugar o vindeiro día 14 de outubro ás 19 horas. Premendo na descarga poderedes ver a Orde do día.
ANPA O MONTIÑO
Dende a Anpa queremos achegarvos, empregando a web, a circular que xa foi entregada aos alumnos para facilitar a súa lectura. No presente curso procuraremos ir alternando ámbolos xeitos de comunicación e empregar, en cada caso, o que nos pareza máis rápido e axeitado.
CURSO 2020/2021 XA ESTAMOS DE VOLTA!Mañá xoves iniciamos un novo curso dun xeito escalonado. - 4º, 5º de EDUCACIÓN INFANTIL e 1º, 2º e 3º de EDUCACIÓN PRIMARIA comezarán o día 10 no horario habitual (9:15-15:00) . - 6º de EDUCACIÓN INFANTIL e 4º,5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA incorporaranse o día 11. ÁNIMO, AGARDÁMOSVOS CON MOITA ILUSIÓN MEDIDAS COVID PARA AS FAMILIAS E DECLARACIÓN RESPONSABLE Nos documentos adxuntos acheganse as medidas covid para as familias e a declaración responsable para que poidan ser consultadas. En calquera caso tamén serán enviadas en soporte papel para que poidan consultadas con facilidade ao longo do curso. Agradecemos asemade que á maior brevidade posible devolvan a declaración responsable debidamente cumprimentada e asinada polos proxenitores. PODES PREMER NOS SEGUINTES ENLACES PARA CONSULTALOS
APLICACIÓN ABALAR MÓBIL Comunicamos ás familias dos alumnos e alumnas que se incorporan ao noso centro escolar por primeira vez que deben instalar nos seus teléfonos móbiles a aplicación ABALAR MÓBIL, xa que, ademais das informacións e avisos publicados na nosa páxina web, será a través desta aplicación como vos serán enviados outros avisos e comunicados, tanto por parte do profesorado como por parte da dirección do centro. No seguinte enlace tedes unha guía para saber como instalar a aplicación nos vosos móbiles (que logo podedes descargar tamén nunha tableta). En dita guía tamén se explica como consultar despois os datos. GUÍA INSTALACIÓN APLICACIÓN ABALAR MÓBIL INFORMACIÓN SOBRE A APLICACIÓN ABALAR MÓBIL Se algunha familia ten dificultades ou non pode descargar dita aplicación, podedes poñervos en contacto co centro das seguintes maneiras: - Enviando unha mensaxe ao seguinte enderezo electrónico: ceip.joaquina.gallego@edu.xunta.gal - Chamando por teléfono ao número 988 260 052 NOTA- a aplicación pode ser instalada polos dous proxenitores, tanto o pai coma a nai, cada un no seu teléfono móbil. Segundo nos comunican dende a Consellería, a aplicación non estará operativa ata que comece o curso.
No seguinte enlace poderás descargar o Calendario escolar 2020/2021.
QUENDAS PARA REALIZAR OS TRÁMITES ADMINISTRATIVOS PENDENTES:MATRÍCULA NOVO ALUMNADO, FONDOS E AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS, AUTODECLARACIÓNS COMEDOR CURSO 2020/2021 E ENTREGA DE HISTORIAIS AO ALUMNADO DE 6º CURSO Seguindo as pautas que nos marcaran e coa finalidade de procurar as mellores condicións e seguridade para tod@s dende a dirección do centro establécese un modelo organizativo de presenza por quendas e horarios por cursos co fin de evitar agrupacións de persoas no centro educativo. A presencia das nais e pais cumprirá a medidas que se establecen distancia de seguridade e uso de mascarillas. Recomendamos que cando acudades ao centro no día que se vos cite, respectedes o horario asignado e as medidas sanitarias correspondentes o acceso ao centro será de xeito individual e deberán seguir as indicacións que atopen no mesmo.
Grazas pola vosa colaboración
Asemade informamos das datas de listaxes de fondo de libros e entrega de vales para libros de texto e vales de material:
CONSULTA A TÚA QUENDA NO SEGUINTE ENLACE
As listaxes estarán publicadas no taboleiro da secretaría, non poden ser publicadas a través da páxina web pola protección de datos. Os vales non recollidos no mes de xullo, poderán recollerse en setembro na secretaría do centro.
As datas poden verse modificadas por calquer imprevisto na xestión da aplicación fondolibros. Polo tanto, estade atentos á informacións que podan xurdir e serán publicadas nesta páxina web.
COMEDOR CURSO 2020-2021
LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-2021
ESTIMADAS FAMILIAS Achégase a Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 7 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021, e máis ligazón ao contido publicado no Portal Educativo. Como ben coñecen as circunstancias xerais actuais relacionadas co COVID-19 e segundo as particulares, no caso do noso centro, no que se estaba aproveitando dende a Unidade Técnica da Xefatura Territorial para acometer a reforma que supón a substitución dos teitos de espazos comúns e aulas, vémonos na obriga de facer algúns reaxustes. Os referidos feitos imposibilitan o desenvolvemento das tarefas docentes e administrativas de xeito normal e dado que non garanten a apertura do centro de xeito continuado pregamos que UNICAMENTE se acheguen os que deban presentar solicitude de admisión. Para calquera outra consulta ou actividade o Centro permanecerá pechado e manterase o contacto utilizando os medios non presenciais que vimos usando dende o 13 de marzo. Prazo de presentación de solicitudes de admisión Restablecer o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación. Coa finalidade de extremar as precaucións e velar pola seguridade de traballadores, familias e profesorado, pregámoslle que, só as familias que precisan cumprir con este trámite, SOLICITEN CITA PREVIA no teléfono habilitado dende o 13 de marzo para a comunicación co centro 640 397 476 para poder acudir na data e hora que se acorde e respectando as normas de hixiene que dende o Sistema de Saúde nos indican (distancia social, mascarillas, guantes,...) e procurando a máxima prudencia e puntualidade posibles para limitar aglomeracións contactos e coincidencias.
AGRADECEMOS DE ANTEMÁN A SÚA COLABORACIÓN!!!
AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA. Preme no enlace para ver un resumo da normativa. Lembra que o prazo para o presentación: do 31 de marzo ao 6 de abril
Non esquezades tampouco que, coa finalidade de poder recibir as notas da segunda avaliación, sería preciso que sigades os pasos para instalar o abalarMobil e facernos chegar unha mensaxe ou email para poder facilitarvos os contrasinais para poder traballar dende a Aula virtual na 3ª Avaliación. Unha aperta, forza e ánimo!!!
Descarga xa abalar móbil, para poder comunicarnos ou solicita por correo electrónico ao mail do centro, ceip.joaquina.gallego@edu.xunta.es, o teu usuario e contrasinal necesario para empezar a empregar a Aula Virtual
Unha vez que dispoñas dos teus datos poderás acceder desde esta páxina para poder ir descargando os materiais cada semana.
A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. abalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).
Durante o tempo que permaneza pechado o Centro a comunicación co mesmo poderase facer consultando esta páxina e asemade empregando o mail do centro ceip.joaquina.gallego@edu.xunta.es e co pouco a pouco procuraremos ir poñendo en funcionamento a aplicación Abalar Movil sobre a que podedes atopar máis información no segu inteenderezo https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil PEDIMOS DESCULPAS POR ADIANTADO POLAS MOSLESTIAS CAUSADAS DEBIDAS AS MÚLTIPLES DIFICULTADES COAS QUE NOS ESTAMOS ATOPANDO DEBIDO AO PRECIPITADO DOS ACONTECEMENTOS. UNHA VEZ MÁIS E MOMENTO DE TIRAR PROVEITO DAS ADVERSIDADES E EMPURRAR TODOS NA MISMA DIRECCIÓN. UNHA APERTA FAMILIAS! |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
ESTRADA DE CELANOVA Nº 1 32830-A MERCA - OURENSE ceip.joaquina.gallego@edu.xunta.es TLFNO E FAX 988 260 052 LEMBRA A NOSA PÁXINA ANTERIOR |
TAREFAS E RECOMENDACIÓNS PARA O NOSO ALUMNADO
Benqueridas familias:
O primeiro de todo, pedir desculpas por non ter as tarefas á vosa disposición antes, pero por mor de problemas técnicos e que a web do colexio estivo toda a fin de semana en mantemento por parte dos servizos técnicos da Consellería, non as puidemos colgar antes.
A Consellería de Educación publicou no portal educativo unhas medidas a adoptar polos centros educativos na que puntualiza que o profesorado programará “actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, pero non terán carácter de avaliables”.
Ante esta difícil situación, pretendemos achegarvos recursos que vos poidan axudar na tarefa de manter ás nenas e nenos realizando actividades curriculares de aprendizaxe.
Somos conscientes de que as situacións serán tan diversas como as familias: algúns estaredes con eles na casa, outros non poderedes, e todos teredes que asumir tarefas que impiden prestarlles atención continuada.
A situación excepcional que nos toca vivir, require que todos poñamos un pouco da nosa parte e sabemos que a todos se nos pide un gran esforzo. Por todo elo, queremos agradecer a vosa colaboración e enviarvos moito ánimo que vos axude a levar da mellor forma posible estes momentos.
Seguide atentos á páxina web do colexio polas novidades que poidan xurdir e tamén, porque nalgúns casos, aparecerán novos contidos.
Unha aperta para todos.
NOVIDADES CRISE COVID-19
Informamos das seguintes novidades:
· Decretado o Estado de Alerta e o de Alerta Sanitaria, polo Goberno de España e Galicia, o colexio permanecerá pechado na súa totalidade e non se recibirán visitas.
· Segundo o RD 463/2020 do 14 de marzo de 2020, publicado no BOE e a Resolución do 15 de marzo de 2020 publicada no DOG, interrómpense o prazo de solicitudes de admisión. O cómputo de prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o Real Decreto.
· Respecto ás actividades a realizar polo alumnado, éstas estarán dispoñibles na páxina web do centro en canto sexa posible. O mantemento da mesma por parte da Consellería, non facilitou poder colgar o contido preparado polo profesorado.
Circulares Anpa
Prestaide atención a esta páxina onde se irán colgando as circulares da Anpa ao longo do curso.