Secretaría
MATRÍCULA VINDEIRO CURSO
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2024/2025
A partir do 1 de marzo comeza o prazo para presentar a solicitude de praza para o vindeiro curso.
INSTRUCIÓNS
- PRAZO DE PRESENTACIÓN: 1 ao 20 de marzo de 2024, ambos incluídos.
- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- A solicitude de admisión segundo o modelo ED550B - Anexo II + Anexo II-bis. Dito Anexo II-bis terá que ser asinado obrigatoriamente polo outro proxenitor.
- No caso de ausencia da sinatura da outra persoa proxenitora, poderá admitirse a presentación dunha declaración responsable / xurisdición voluntaria da persoa que asine a solicitude indicando o motivo que impida o consentimento expreso da outra.
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (fotocopia do DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia)
- Certificado oficial do expediente académico (alumnado de primaria).
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
- Para acreditar o criterio “Familia monoparental” deberá presentarse a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia ou da autoridade competente doutras administracións públicas.
- LUGAR DE PRESENTACIÓN:
1.- A través da aplicación admisionalumnado
2.- Na secretaría do centro
- SINATURA E CONSENTIMENTO de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras:
Os artigos 26.6 e 46 da orde establecen que en todos os casos de solicitude (de reserva, admisión ordinaria e escolarización extraordinaria) de alumnado menor de idade non emancipado é necesario o consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero.
En consecuencia, todas as solicitudes deben figurar asinadas por unha das persoas proxenitoras/titoras/acolledoras, e debe xuntarse a todas o documento asinado co consentimento da outra (modelos: anexo II-bis).
Non obstante, nos casos de ausencia puntual da outra persoa proxenitora non separada nin divorciada, ou da outra persoa titora ou acolledora por circunstancias excepcionais (laborais, familiares, ...), poderá admitirse a presentación dunha declaración responsable da persoa que asine a solicitude indicando o motivo que impida o consentimento expreso da outra.
DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN
- Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL
- Reclamación ás listas provisionais: 5 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación.
- Publicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO
- Formalización de matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO
IMPORTANTE: As familias poderán consultar as listaxes provisionais e as definitivas:
1º. Presencialmente: no taboleiro de anuncios, que unicamente poderá ser visible dende o interior do recinto escolar.
2º. Por vía electrónica: exclusivamente a través da aplicación informática admisionalumnado,sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365.
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2023/2024
A partir do 1 de marzo comeza o prazo para realizar a solicitude de praza para o vindeiro curso.
INSTRUCIÓNS
- PRAZO DE PRESENTACIÓN: 1 ao 20 de marzo de 2023, ambos incluídos.
- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Solicitude segundo o modelo ED550B - Anexo II + Anexo II-bis.
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a(fotocopia do DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia)
- Certificado oficial do expediente académico (alumnado de primaria).
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
- Para acreditar o criterio “Familia monoparental” deberá presentarse a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia ou da autoridade competente doutras administracións públicas.
- LUGAR DE PRESENTACIÓN:
1.- A través da aplicación admisionalumnado
2.- Na secretaría do centro
A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.
DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN
- Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL
- Reclamación ás listas provisionais: 5 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación.
- Publicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO
- Formalización de matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO
IMPORTANTE: A publicación das listaxes provisionais e definitivas realizarase exclusivamente nos taboleiros situados no interior do centro, conforme a Lei de Protección de datos, así como a través da aplicación web admisionalumnado os interesados
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2022-2023 Entre o 1 e o 21 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o curso 2022/23Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles Os trámites poden realizarse vía telemática na aplicación informática creada para tal fin no Portal Mér, 23/02/2022 - 15:52
Desde o vindeiro martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles. Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación. Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial. Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante. Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar hoxe mércores na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “V” e “U” para o primeiro apelido e “A” e “Z” para o segundo. DATAS DO PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN 2022/2023
O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 21 de marzo na secretaría do centro (previa cita). Poden descargar o impreso premendo aquí Para formalizar a matricula emtre o 20 e o 30 de xuño descarga o ANEXO III premendo no enlace
|
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022 DATAS DO PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN 2021/2022
O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 22 de marzo na secretaría do centro (previa cita). Poden descargar o impreso premendo aquí Para formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño descarga o ANEXO III no seguinte enlace
|
ADMISIÓN 2020-2021
DESCARGAR IMPRESO DE MATRÍCULA
LISTAXE PRAZAS ASIGNADAS 2020-2021
ESTIMADAS FAMILIAS
Achégase a Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 7 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021, e máis ligazón ao contido publicado no Portal Educativo.
Como ben coñecen as circunstancias xerais actuais relacionadas co COVID-19 e segundo as particulares, no caso do noso centro, no que se estaba aproveitando dende a Unidade Técnica da Xefatura Territorial para acometer a reforma que supón a substitución dos teitos de espazos comúns e aulas, vémonos na obriga de facer algúns reaxustes.
Os referidos feitos imposibilitan o desenvolvemento das tarefas docentes e administrativas de xeito normal e dado que non garanten a apertura do centro de xeito continuado pregamos que UNICAMENTE se acheguen os que deban presentar solicitude de admisión. Para calquera outra consulta ou actividade o Centro permanecerá pechado e manterase o contacto utilizando os medios non presenciais que vimos usando dende o 13 de marzo.
Prazo de presentación de solicitudes de admisión
Restablecer o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.
Coa finalidade de extremar as precaucións e velar pola seguridade de traballadores, familias e profesorado, pregámoslle que, só as familias que precisan cumprir con este trámite SOLICITEN CITA PREVIA no teléfono habilitado dende o 13 de marzo para a comunicación co centro 640 397 476 para poder acudir na data e hora que se acorde e respectando as normas de hixiene que dende o Sistema de Saúde nos indican (distancia social, mascarillas, guantes,...) e procurando a máxima prudencia e puntualidade posibles para limitar aglomeracións contactos e coincidencias.
AGRADECEMOS DE ANTEMÁN A SÚA COLABORACIÓN!!!
Un saúdo.
Segundo o RD 463/2020 do 14 de marzo de 2020, publicado no BOE e a Resolución do 15 de marzo de 2020 publicada no DOG, interrómpense o prazo de solicitudes de admisión. O cómputo de prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o Real Decreto
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES SERÁ DO 1 AO 23 DE MARZO NA SECRETARÍA DO CENTRO EN HORARIO DE 12:00 A 14:00 HORAS.
O impreso de solicitude poderá recollerse na secretaría do centro ou descargarse na páxina web (ANEXO II). Tamén poderá cumprimentarse na aplicación admisionalumnado, dentro do portal da Consellería de Educación, ou descargalo e cumprimentalo de forma manual polas familias.
As familias poden consultar a información relevante respecto á admisión na páxina da xunta.
PRAZO PARA MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO.
ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS-CURSO 2016/2017. INFORMACIÓN BÁSICA
1.-LEXISLACIÓN REGULADORA:
-Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento para a admisión
do alumnado no segundo ciclo de educación infantil e primaria.
2.-PREVISIÓN OFERTA DE POSTOS ESCOLARES EN INFANTIL E PRIMARIA:
CURSO |
POSTOS ESCOLARES |
4º de E.Infantil |
25 |
5º de E.Infantil |
18 |
6º de E.Infantil |
19 |
1º de E.Primaria |
22 |
2º de E.Primaria |
17 |
3º de E.Primaria |
21 |
4º de E.Primaria |
16 |
5º de E.Primaria |
18 |
6º de E.Primaria |
19 |
CURSO 2015/2016 |
POSTOS ESCOLARES UNIDADES REAIS PREVISTAS |
2º CICLO E. INFANTIL |
12 |
1º E 2º CURSO PRIMARIA |
14 |
3º E 4º CURSO PRIMARIA |
12 |
5º E 6º CURSO PRIMARIA |
12 |
3.-PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN: Do 1 ao 20 de MARZO
4.-PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DO BAREMO: Do 24 de marzo ó 3 de abril (incluídos)
5.-PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: Do 20 ao 30 de xuño
6.-DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
-Impresos que se facilitan na secretaría do centro. Tamén se poden descargar nesta páxina.
-Fotocopia do libro de familia.
-Tarxeta ou Cartilla sanitaria do neno,a.
-DNI neno, nena, pais.
-Libro de familia numerosa (se procede).
-Libro de vacinación.
A SECRETARIA DO CENTRO
Estimados pais e nais:
Pola presente queremos comunicarlles que atendendo ó Decreto 254/2012 e á Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos, comezamos o procedemento de admisión de alumnado para o curso académico 2014/2015.
Por este motivo queremos recordarlles as seguintes cuestións de interese relativas ó proceso:
a) O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos, polo tanto o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
b) O alumnado dos centros adscritos ten prioridade na admisión.
c) O alumnado que queira continuar estudos no centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe entre o 1 e o 15 de febreiro de 2016 modelo normalizado (ANEXO I) da orde.
d) A dirección dos centros adscritos remitirá ao centro de adscrición unha relación de alumnado susceptible de matricularse xunto coas solicitudes de reserva de prazas antes do día 19 de febreiro de 2016.
NOTA:
Os centros deberán informar ás familias implicadas, do inicio do proceso de reserva de prazas en centros adscritos. É importante lembrarlles que a reserva de praza ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitudes de admisión noutro centro (art. 11.2).
En A Merca a 31 de xaneiro de 2016
A DIRECCIÓN DO CENTRO
COMEDOR
Enviado por admin o Lun, 06/22/2020 - 12:24
SOLICITUDE USUARIOS DE COMEDOR PARA O CURSO 2024/2025
Queda aberto o prazo para entregar as solicitudes de comedor correspondentes ao alumnado escolarizado no curso 2024/2025. As persoas interesadas poderán descargar no enlace ou recoller no centro os modelos de autodeclaración para poder cubrilos e entregalos en prazo.
PARA DESCARGAR
COLABORADORES DO COMEDOR
Aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2024/2025.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 10 de setembro de 2024.
SOLICITUDE USUARIOS DE COMEDOR PARA O CURSO 2023/2024
Queda aberto o prazo para entregar as solicitudes de comedor correspondentes ao alumnado escolarizado no curso 2023/2024. As persoas interesadas poderán descargar no enlace ou recoller no centro os modelos de autodeclaración para poder cubrilos e entregalos en prazo.
PARA DESCARGAR
COLABORADORES DO COMEDOR
Aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2023/2024.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2023.
SOLICITUDE USUARIOS DE COMEDOR PARA O CURSO 2022/2023
Queda aberto o prazo para entregar as solicitudes de comedor correspondentes ao alumnado escolarizado no curso 2022/2023. As persoas interesadas poderán descargar no enlace ou recoller no centro os modelos de autodeclaración para poder cubrilos e entregalos en prazo.
PARA DESCARGAR
SOLICITUDE USUARIOS DE COMEDOR PARA O CURSO 2021/2022
Queda aberto o prazo para entregar as solicitudes de comedor correspondentes ao alumnado escolarizado no curso 2021/2022. As persoas interesadas poderán descargar no enlace ou recoller no centro os modelos de autodeclaración para poder cubrilos e entregalos en prazo.
ADMISIÓN DE USUARIOS DE COMEDOR PARA O CURSO 2020/2021
Dende o 22/06 e ata o 03/07 ambos días incluídos, queda aberto o prazo para entregar as solicitudes de comedor correspondentes ao alumnado escolarizado no curso 2020/2021. As persoas interesadas poderán descargar no enlace ou recoller no centro os modelos de autodeclaración para poder cubrilos e entregalos en dito prazo.
Para evitar posibles aglomeracións seguiremos un modelo de cita previa como o empregado para a entrega de traballos e recollida de libros de texto.
COLABORADORES DO COMEDORAberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2020/2021.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2020.
Formulario colaboración comedor
Enviado por admin o Ven, 07/10/2015 - 16:35Podedes descargar o formulario de solicitude de colaboración para o comedor escolar ou ben pedilo na Secretaría do Centro
CALENDARIO ESCOLAR
Enviado por admin o Mér, 07/06/2011 - 15:26No seguinte enlace poderás descargar o Calendario escolar 2024/2025
No seguinte enlace poderás descargar o Calendario escolar 2023/2024
Calendario Escolar para o Curso 2022/2023
Calendario Escolar para o Curso 2020/2021
Consulta o Calendario Escolar para o curso 2019/2020
Consulta o Calendario Escolar para o curso 2014/2015
Consulta o Calendario Escolar para o curso 2013/2014
LIBROS
Enviado por admin o Mér, 07/06/2011 - 15:03
LIBROS 2024/2025
LISTAXE LIBROS
EDUCACIÓN INFANTIL (libros e material)
EDUCACIÓN PRIMARIA
LIBROS 2023/2024
LISTAXE LIBROS
EDUCACIÓN INFANTIL (libros e material)
EDUCACIÓN PRIMARIA
LIBROS 2022/2023
LISTAXE LIBROS
EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
LIBROS 2021/2022
LISTAXE LIBROS
EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
LIBROS 2020/2021
LISTAXE LIBROS
EDUCACIÓN INFANTIL
ATENCIÓN, INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL:
Confirmada a imposibilidade da primeira listaxe de libros, publicada en xuño, no seguintes enlaces xa podedes ver e descargar a proposta alternativa correspondente, na que asemade, queda incorporada a listaxe de material funxible.
EDUCACIÓN PRIMARIA
LIBROS 2019/2020
LISTAS LIBROS
EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
LIBROS 2018/2019
LISTAS LIBROS
EDUCACIÓN PRIMARIA
LIBROS 2017/2018
Premendo no enlace anterior áccedese á Listaxe definitiva de admitidos, pero asemade dos que aparecen asignados aínda faltan, nalgún caso, os complementarios pendentes de adquisición pòr parte do centro e que poderán consultar no seguinte enlace.
O alumnado que apareza na listaxe definitiva de admitidos sen libros ou con menos libros dos que lle corresponden (4 ou 6 segundo a renda familiar) ten que mirar a listaxe de adxudicacións complementarias.
OS LOTES DE FONDO MÁIS ADQUISICIÓNS ENTREGARANSE EN SETEMBRO.
RECOMÉNDASE PERMANECER Á ESPERA E CONTACTAR CO CENTRO, A PARTIR DO DÍA 1 DE SETEMBRO, PARA PODER CONFIRMAR QUE LIBROS OU CADERNOS DEBERÁN MERCAR E FACER AS ENCARGAS CORRESPONDENTES.
LISTAS LIBROS
EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
LIBROS 2016/2017
Premendo no enlace anterior áccedese á Listaxe definitiva de admitidos, pero asemade dos que aparecen asignados aínda faltan, nalgún caso, os complementarios pendentes de adquisición pòr parte do centro e que poderán consultar no seguinte enlace.
O alumnado que apareza na listaxe definitiva de admitidos sen libros ou con menos libros dos que lle corresponden (4 ou 6 segundo a renda familiar) ten que mirar a listaxe de adxudicacións complementarias.
OS LOTES DE FONDO MÁIS ADQUISICIÓNS ENTREGARANSE EN SETEMBRO.
RECOMÉNDASE PERMANECER Á ESPERA E CONTACTAR CO CENTRO, A PARTIR DO DÍA 1 DE SETEMBRO, PARA PODER CONFIRMAR QUE LIBROS OU CADERNOS DEBERÁN MERCAR E FACER AS ENCARGAS CORRESPONDENTES.
LISTAS LIBROS
EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
INFORMACIÓN
LIBROS 2015/2016
LISTAS LIBROS
- O ALUMNADO DE 1º 2º 4º E 6º CURSO QUE SOLICITASE AS AXUDAS PODE PASAR PARA RECOLLER O VALE QUE LLE CORRESPONDESE.
- O ALUMNADO DE 3º E 5º CURSO PODE PREMER NO ENLACE PARA CONSULTAR A RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO FONDO LIBROS
- O ALUMNADO DE 3º E 5º CURSO PODE PREMER NO ENLACE PARA CONSULTAR A RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO FONDO LIBROS
LISTAS |
LIBROS |
INFANTIL |
||
LISTAS |
LIBROS |
PRIMARIA |
||
AXUDAS LIBROS |
|
|||
AXUDAS LIBROS |
|
AXUDAS LIBROS |
AXUDAS LIBROS |
LISTAS LIBROS 2014/2015
Con data 14 de agosto foi publicada a Orde do 23 de xullo de 2014 pola que se regula a implatación para o curso 2014/2015 dos cursos primeiro, terceiro e quinto de Educación Primaria na omunidade Autónoma de Galicia, segundo o calendario de aplicación da Ley orgánica 8/2013, para a mellora da calidade educativa.
Como xa comezaremos por publicar as listas correspondentes a Ed. Infantil e o 2º, 4º e 6º Curso de Educación Primaria, cursos para os que non deberan aparecer cambios, é agora, unha vez publicada esta Orde, cando procedemos a publicar os listados correspondentes a ós restantes cursos 1º, 3º e 5º.
LISTAS |
LIBROS |
INFANTIL |
||
LISTAS |
LIBROS |
PRIMARIA |
||
|
||||
|
Seguimos á espera de recibir instruccións para poder subir as listas definitivas de 1º, 3º e 5º curso.
AXUDAS LIBROS: Gratuidade solidaria 2014/2015