Deportes
Deportes
PONTE EN MARCHA!
EF
Un novo curso seguimos participando nalgúns deportes que nos brinda o xogade.
Dende o colexio da Merca pretendemos inculcar diversos valores e hábitos aproveitando o abano de recursos que o deporte nos proporciona.
Así, que isto non para, chega o tempo das vacacións pero non o de deixar de facer deporte.
Boas vacacións!
MÓVETE E RELACIÓNATE CO DEPORTE
EF
O tempo non se detén, é inalterable. Outro curso máis que deixamos atrás e que dende o deporte escolar deixounos grandes momentos vividos.
Dende o colexio de A Merca, este deporte que iniciamos, esperamos que teña continuidade, afianzando nos nosos alumnos e alumnas hábitos saudables e de socialización, tamén, fóra da escola.
Así que xa sabedes, no verán practicade deporte.
Boas vacacións!
Bádminton en Ramirás
Campo a través.
O mércores día 26 acudimos a Muiños a competir. Fixémolo o mellor que poidemos.
Unha compañeira de quinto, Antía, entrou na sexta posición. Foi a nosa mellor clasificación individual.
Logramos algún trofeo por equipos e sobre todo pasamos unha xornada fantástica.