MATRÍCULA VINDEIRO CURSO

 

 

Admisión do alumnado

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2024/2025

A partir do 1 de marzo comeza o prazo para presentar a solicitude de praza para o vindeiro curso.

 INSTRUCIÓNS

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN1 ao 20 de marzo de 2024, ambos incluídos.

- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

  • A solicitude de admisión segundo o modelo ED550B - Anexo II + Anexo II-bis. Dito Anexo II-bis terá que ser asinado obrigatoriamente polo outro proxenitor.
  • No caso de ausencia da sinatura da outra persoa proxenitora, poderá admitirse a presentación dunha declaración responsable / xurisdición voluntaria da persoa que asine a solicitude indicando o motivo que impida o consentimento expreso da outra.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (fotocopia do DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia)
  • Certificado oficial do expediente académico (alumnado de primaria).
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
  • Para acreditar o criterio “Familia monoparental” deberá presentarse a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia ou da autoridade competente doutras administracións públicas.

 

- LUGAR DE PRESENTACIÓN:

 1.- A través da aplicación admisionalumnado

 2.- Na secretaría do centro

- SINATURA E CONSENTIMENTO de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras:

Os artigos 26.6 e 46 da orde establecen que en todos os casos de solicitude (de reserva, admisión ordinaria  e  escolarización  extraordinaria)  de  alumnado  menor  de  idade  non  emancipado  é necesario o  consentimento de  ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero.

En  consecuencia,  todas  as  solicitudes  deben  figurar  asinadas  por  unha  das  persoas proxenitoras/titoras/acolledoras,  e  debe  xuntarse  a  todas  o  documento  asinado  co consentimento da outra (modelos: anexo II-bis).

Non obstante, nos casos de ausencia puntual da outra  persoa proxenitora non separada nin divorciada, ou da outra persoa titora ou acolledora por circunstancias excepcionais (laborais, familiares, ...), poderá admitirse a presentación dunha declaración responsable da persoa que asine a solicitude indicando  o motivo que impida o consentimento expreso da outra.

 

DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN

- Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL

- Reclamación ás listas provisionais: 5 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación.

- Publicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO

- Formalización de matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO

 

IMPORTANTE: As familias poderán consultar as listaxes provisionais e as definitivas:

1º. Presencialmente: no taboleiro de anuncios, que unicamente poderá ser visible dende o interior do recinto escolar.

2º. Por vía electrónica: exclusivamente a través da aplicación informática admisionalumnado,sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365.

 

 

 

Admisión do alumnado

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2023/2024

 A partir do 1 de marzo comeza o prazo para realizar a solicitude de praza para o vindeiro curso.

 

INSTRUCIÓNS

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN1 ao 20 de marzo de 2023, ambos incluídos.

 

- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Solicitude segundo o modelo ED550B - Anexo II + Anexo II-bis.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a(fotocopia do DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia)
  • Certificado oficial do expediente académico (alumnado de primaria).
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
  • Para acreditar o criterio “Familia monoparental” deberá presentarse a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia ou da autoridade competente doutras administracións públicas.

 

 - LUGAR DE PRESENTACIÓN:

 1.- A través da aplicación admisionalumnado

 2.- Na secretaría do centro

 A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

 

 

DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN

 -  Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL
 - Reclamación ás listas provisionais: 5 días hábiles a contar desde o día   seguinte ao da publicación.

 - Publicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO
 - Formalización de matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO

IMPORTANTE: A publicación das listaxes provisionais e definitivas realizarase exclusivamente nos taboleiros situados no interior do centro, conforme a Lei de Protección de datos, así como a través da aplicación web admisionalumnado os interesados

  

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O  VINDEIRO CURSO 2022-2023

Entre o 1 e o 21 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o curso 2022/23

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

Os trámites poden realizarse vía telemática na aplicación informática creada para tal fin no Portal

 
Mér, 23/02/2022 - 15:52

Desde o vindeiro martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar hoxe mércores na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “V” e “U” para o primeiro apelido e “A” e “Z” para o segundo.

   DATAS DO PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN 2022/2023

 

Proceso de admisión

 

Presentación de solicitudes

1 ao 21 de marzo

Renuncia das familias á solicitude ordinaria nun centro

Ata o 21 de marzo

Prazo entrega de documentación xustificativa dos criterios do baremo (sócentros quebareman)

10 días hábiles contados partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido non admitido

Antes do 25 de abril

Prazo de reclamación

días hábiles despois do seguinte á publicación da listaxe provisional

Exposición de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido

antes do 15 de maio

Período de matrícula

 

Matrícula en E.I. E.P.

20 ao 30 dexuño

 

prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 21 de marzo na secretaría do centro (previa cita). Poden descargar o impreso premendo aquí

Para formalizar a matricula emtre o 20 e o 30 de xuño  descarga o ANEXO III premendo no enlace

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O  VINDEIRO CURSO 2021-2022

   DATAS DO PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN 2021/2022

 

Proceso de admisión

 

Presentación de solicitudes

1 ao 22 de marzo

Renuncia das familias á solicitude ordinaria nun centro

Ata o 22 de marzo

Prazo entrega de documentación xustificativa dos criterios do baremo (sócentros quebareman)

10 días hábiles contados partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido non admitido

Antes do 25 de abril

Prazo de reclamación

días hábiles despois do seguinte á publicación da listaxe provisional

Exposición de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido

antes do 15 de maio

Período de matrícula

 

Matrícula en E.I. E.P.

20 ao 30 dexuño

 

prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 22 de marzo na secretaría do centro (previa cita). Poden descargar o impreso premendo aquí

Para formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño descarga o ANEXO III no seguinte enlace 

 

 

 

ADMISIÓN 2020-2021

 

 

DESCARGAR IMPRESO DE MATRÍCULA

 

 

   

LISTAXE PRAZAS  ASIGNADAS 2020-2021

   LISTAXE DEFINITIVA 

 

                                                                                                     

 

 

                                                               LISTAXE PROVISIONAL                                                                                                            

 

  

 

 

ESTIMADAS FAMILIAS

Achégase a  Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 7 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021, e máis ligazón ao contido publicado no Portal Educativo.

Como ben coñecen as circunstancias xerais actuais relacionadas co COVID-19 e segundo as particulares, no caso do noso centro, no que se estaba aproveitando dende a Unidade Técnica da Xefatura Territorial para acometer a reforma que supón a substitución dos teitos de espazos comúns e aulas, vémonos na obriga de facer algúns reaxustes.

Os referidos feitos imposibilitan o desenvolvemento das tarefas docentes e administrativas de xeito normal e dado que non garanten a apertura do centro de xeito continuado pregamos que UNICAMENTE se acheguen os que deban presentar solicitude de admisión. Para calquera outra consulta ou actividade o Centro permanecerá pechado e manterase o contacto utilizando os medios non presenciais que vimos usando dende o 13 de marzo.

Prazo de presentación de solicitudes de admisión

Restablecer o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.

Coa finalidade de extremar as precaucións e velar pola seguridade de traballadores, familias e profesorado, pregámoslle que, só as familias que precisan cumprir con este trámite  SOLICITEN CITA PREVIA no teléfono habilitado dende o 13 de marzo para a comunicación co centro 640 397 476 para poder acudir na data e hora que se acorde e respectando as normas de hixiene que dende o Sistema de Saúde  nos indican (distancia social, mascarillas, guantes,...) e procurando a máxima prudencia e puntualidade  posibles para limitar aglomeracións contactos e coincidencias.

AGRADECEMOS DE ANTEMÁN A SÚA COLABORACIÓN!!!
Un saúdo.

 

Segundo o RD 463/2020 do 14 de marzo de 2020, publicado no BOE e a Resolución do 15 de marzo de 2020 publicada no DOG, interrómpense o prazo de solicitudes de admisión. O cómputo de prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o Real Decreto

 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES SERÁ DO 1 AO 23 DE MARZO NA SECRETARÍA DO CENTRO EN HORARIO DE 12:00 A 14:00 HORAS.

O impreso de solicitude  poderá recollerse  na secretaría do centro ou descargarse na páxina web (ANEXO II). Tamén poderá cumprimentarse na aplicación admisionalumnado, dentro do portal da Consellería de Educación, ou descargalo e cumprimentalo de forma manual polas familias.

As familias poden consultar a información relevante respecto á admisión na páxina da xunta.

 

 

 

 

 

PRAZO PARA MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO.

ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS-CURSO 2016/2017. INFORMACIÓN BÁSICA 

1.-LEXISLACIÓN REGULADORA:

  -Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento para a admisión

 do alumnado no segundo ciclo de educación infantil e primaria.

 2.-PREVISIÓN OFERTA DE POSTOS ESCOLARES EN INFANTIL E PRIMARIA:

CURSO

POSTOS ESCOLARES

4º de E.Infantil

25

5º de E.Infantil

18

6º de E.Infantil

19

1º de E.Primaria

22

2º de E.Primaria

17

3º de E.Primaria

21

4º de E.Primaria

16

5º de E.Primaria

18

6º de E.Primaria

19

 

CURSO      2015/2016

POSTOS ESCOLARES

UNIDADES REAIS PREVISTAS

   
   
   

2º CICLO   

E. INFANTIL

12

1º E 2º CURSO    

 PRIMARIA

14

3º E 4º CURSO  

 PRIMARIA

12

5º E 6º CURSO     

PRIMARIA

12

   
   

  

  3.-PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN: Do 1  ao 20 de MARZO 

 4.-PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DO BAREMO: Do 24 de marzo ó 3 de abril (incluídos)

 5.-PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: Do 20 ao 30 de xuño 

 6.-DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 -Impresos que se facilitan na secretaría do centro. Tamén se poden descargar  nesta páxina.

 -Fotocopia do libro de familia.

 -Tarxeta ou Cartilla sanitaria do neno,a.

 -DNI neno, nena, pais.

 -Libro de familia numerosa (se procede).

 -Libro de vacinación.

   

A SECRETARIA DO CENTRO                                   

  

 

 

 

 

 

 

Estimados pais e nais:

 

Pola presente queremos comunicarlles que atendendo ó Decreto 254/2012 e á Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos, comezamos o procedemento de admisión de alumnado para o curso académico 2014/2015.

 

 

 

 

Por este motivo queremos recordarlles as seguintes cuestións de interese relativas ó proceso:

 

a)     O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos, polo tanto o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

b)    O alumnado dos centros adscritos ten prioridade na admisión.

      c)     O alumnado que queira continuar estudos no centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe entre o 1 e o 15 de febreiro de 2016 modelo normalizado (ANEXO I) da orde.

d)    A dirección dos centros adscritos remitirá ao centro de adscrición unha relación de alumnado susceptible de matricularse xunto coas solicitudes de reserva de prazas antes do día 19 de febreiro de 2016.

  

NOTA:

 Os centros deberán informar ás familias implicadas, do inicio do proceso de reserva de prazas en centros adscritos. É importante lembrarlles que a reserva de praza ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitudes de admisión noutro centro (art. 11.2).

   

 En A Merca a 31 de xaneiro de 2016

 

 A DIRECCIÓN DO CENTRO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
20130315_admision_inf_prim_sec_bac.pdf1.03 MB
SOLICITUDE ADMISIÓN CEIP JOAQUINA GALLEGO JORRETO.pdf518.55 KB
RESERVA PRAZA CEIP JOQUINA GALLEGOanexo_1_g (2) (1).pdf434.53 KB
Lingua Materna - Infantil.pdf36.29 KB
prazasAsignadas_2006101232_20fc580d-0293-4acb-abc8-7f777f6ee689.pdf144.5 KB
prazasAsignadas_2006261350_5fb8fc1b-913f-4f9e-9f5f-8d0817a3605a.pdf144.55 KB
anexoiii_1_infantil_primaria MERCA.pdf466.19 KB
ED550B-G-20222023.pdf1.31 MB
anexoiii_1_infantil_primaria.pdf427.8 KB