Benvida

CALENDARIO

 

P. DIXITAL

EDUCALIDADE

 

LIBROS

 

 

 

MATRÍCULA

 

TRANSPORTE

 

 SOLICITUDE

RECOLLIDA

OUTROS

MEDIOS

 

COVID 19

 

 

 

 

 

LISTAXE DE LIBROS  2024/2025

 

LISTAXE  LIBROS 

 

EDUCACIÓN INFANTIL (libros e material)

 

4º NIVEL -3A

5º NIVEL -4A

6º NIVEL -5A

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

1º CURSO

2º CURSO

3º CURSO

4º CURSO 

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

 

Curso 2024/2025


Prazo de solicitude:    do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

Texto da convocatoria:  ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

Procedemento administrativo:  ED330B


 

♦ Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

           IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

 

♦ Documentación complementaria:

  • Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

 

♦ Máis información:

 

 

 

SOLICITUDE USUARIOS DE COMEDOR PARA O CURSO 2023/2024

 

 Queda aberto o prazo para entregar as solicitudes de comedor correspondentes ao alumnado escolarizado no curso 2023/2024. As persoas interesadas poderán descargar no enlace ou recoller no centro os modelos de autodeclaración para poder cubrilos e entregalos en  prazo.

 

PARA DESCARGAR

 

PREME NO ENLACE

  

 

LIBROS  2023/2024

 

LISTAXE  LIBROS 

 

EDUCACIÓN INFANTIL (libros e material)

 

4º NIVEL -3A

5º NIVEL -4A

6º NIVEL -5A

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

1º CURSO

2º CURSO

3º CURSO

4º CURSO

    

   5º CURSO 

   6º CURSO

 

FONDO LIBROS E AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023-2024

O sábado 20 de maio de 2023 publicouse no DOG a Orde da convocatoria de fondo libros, axudas para libros e material escolar.

1.-FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: pode solicitalo o alumnado que vaia cursar 3ºe 4º de educación primaria (curso 2023-2024)

- Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 6 LIBROS

- Alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 4 LIBROS

- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%. 6 LIBROS, con independencia da renda.

2.- AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: pode solicitaloo alumnado que vaia cursar 1º e 2º de educación primaria(curso 2023-2024)

-  Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €

-  Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €

- Alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 300 € con independencia da renda.

-  Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda.

 
3.- AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: Todo o alumnado de primaria (curso 2023-2024)

-  Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€: 75 €

-  Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €

- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 75 €, con independencia da renda.

IMPORTANTE: O alumnado de 5º e 6º de primaria está excluído da participación no fondo de libros pola súa participación no proxecto E-DIXGAL, pero SI teñen dereito á axuda para adquirir material escolar.

 

RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

Renda per cápita da unidade familiar: renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2021 dividido entre o número de membros computables.

- Computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas.

- A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2021, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados, no certificado de imputacións de renda, pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

- As persoas sen residencia fiscal en España no ano 2021 deberán acreditar os seus ingresos no país de orixe mediante nóminas, xustificantes de pensión, xustificantes de rendementos bancarios ou calquera outro documento acreditativo. No caso de carecer desta documentación ou se non obtiveran ingresos deberán presentar unha declaración responsable dos ingresos da unidade familiar.

- Nos casos de violencia de xénero non se incluirá ao agresor na solicitude e, polo tanto, non se terán en conta os seus ingresos para determinar a renda per cápita.

Membros computables da unidade familiar:

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados.

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

e) A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida.

f) A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

Non terá a consideración de membro computable:

a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

b) O agresor nos casos de violencia de xénero.

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2021, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos casos de violencia de xénero que se aplicará o disposto na súa lexislación específica. 

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

PRAZODE PRESENTACIÓN DO20/05/2023 ao 21/06/2023incluídos

Preferiblemente, por vía electrónica mediante a sede electrónica da Xunta, cumprimentando o formulario dispoñible na aplicación FONDOLIBROS (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) e despois asinando e presentando a solicitude a través da Sede (é necesario escanear e presentar tamén o anexo II)

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes PRESENCIALMENTE en horario lectivo

 DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

Unha única solicitude para todo o alumnado do mesmo centro docente,agás na presentación telemática na que será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a:

a)   Anexo I

b)  Anexo II - Autorización dos membros da unidade familiar distintos do solicitante. No caso da presentación pola Sede electrónica, este anexo unha vez cuberto deberá subirse a sede.

c)  Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar a día 31 de decembro de 2021 non coincida coa reflectida no mesmo, deberán presentar:

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar.

No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, deberá acreditarse debidamente.

d) En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

e)  Certificado do grao de discapacidade.

f)  Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

g)  Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

h) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

i)   Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2023/2024.

 

No seguinte enlace poderás descargar o Calendario escolar 2023/2024

 

 

 

 

 

 

 

Admisión do alumnado

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2023/2024

 A partir do 1 de marzo comeza o prazo para realizar a solicitude de praza para o vindeiro curso.

 

 

 

 

INSTRUCIÓNS

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN1 ao 20 de marzo de 2023, ambos incluídos.

 

 

 

- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Solicitude segundo o modelo ED550B - Anexo II + Anexo II-bis.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a(fotocopia do DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia)
  • Certificado oficial do expediente académico (alumnado de primaria).
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
  • Para acreditar o criterio “Familia monoparental” deberá presentarse a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia ou da autoridade competente doutras administracións públicas.

 

 - LUGAR DE PRESENTACIÓN:

 1.- A través da aplicación admisionalumnado

 2.- Na secretaría do centro

 A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

 

DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN

 -  Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL
 - Reclamación ás listas provisionais: 5 días hábiles a contar desde o día   seguinte ao da publicación.

 - Publicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO
 - Formalización de matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO

 

 

IMPORTANTE: A publicación das listaxes provisionais e definitivas realizarase exclusivamente nos taboleiros situados no interior do centro, conforme a Lei de Protección de datos, así como a través da aplicación web admisionalumnado os interesados

  

 Instrucións conxuntas ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023

Hoxe, mércores 7 de setembro de 2022, achéganse dende a Consellería as Instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023.

Podedes consultalas no seguinte enlace do Portal Educativo da Xunta.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37824

 

 

INFORMACIÓN COMEZO CURSO 2022-2023

 

O vindeiro xoves, día de 08 de setembro de 2022, arranca un novo curso escolar, “xa con total normalidade”, algún pequeniño cambio, algunha que outra ausencia, moitas incorporacións,... Con todo iso,  unha morea de ilusións e que co esforzo de todas e todos seremos quen de saír cara adiante.

Ese día a partir das 9:15 (hora de entrada en setembro e xuño), e como acostumabamos a facer uns anos atrás, os titores de  Infantil e de Primaria logo das presentacións oportunas, acompañaranvos as aulas onde procurarán facer unha reunión coas familias, que na maior parte dos casos acostuman a acompañarvos.

Os mestres e titores, pouco a pouco, irán entregándovos nestes primeiros días, os horarios das distintas materias,  lista de materiais que precisedes... e, en resumo, todo o que sexa necesario para esta andaina.

 

O curso 2022-2023 xa está en marcha, AGARDÁMOSVOS!!!

 

CURSO 2022/2023. NOVAS...

A partires do 1 de xullo do 2022, as familias poden comunicarse telefonicamente co centro para coñecer o estado das súas solicitudes e, no caso de ser beneficiarios das mesmas, pasar a recoller os cheques correspondentes.

 

                                                   

 

Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia. 20/05/2022

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. CURSO 2022/2023

Publicouse a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

  

ANEXO I      ANEXOII

 

Adaptación da concreción curricular de centro 

Documento  elaborado seguindo a Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia

                                                    

 

 

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia (premendo no enlace)

                                                        https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36790

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O  VINDEIRO CURSO 2022-2023

Entre o 1 e o 21 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o curso 2022/23

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

Os trámites poden realizarse vía telemática na aplicación informática creada para tal fin no Portal

 
Mér, 23/02/2022 - 15:52

Desde o vindeiro martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar hoxe mércores na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “V” e “U” para o primeiro apelido e “A” e “Z” para o segundo.

 

ELECCIÓNS MEMBROS CONSELLO ESCOLAR 2021/2022 

                                        

CONST.  XUNTA ELECTORAL             CONVOCATORIA NAIS/PAIS                       RECORDATORIO 

 

 

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2021/2022

 

 

       O Equipo Docente do Ceip Joaquina Gallego Jorreto quere dar a benvida ao alumnado e ás familias do Centro.

       Agardámosvos, xoves día 9 de setembro ás 9:15 horas. Os que decidan utilizar o transporte esperamos que, no básico, os horarios continúen coma no mes de xuño.

     Unha vez acceda o alumnado as aulas, de xeito similar a como se fixo o pasado curso, se o tempo nos respecta, procuraremos facer unha pequena xuntanza coas familias de cada titoría no patio do centro.

       Agradecemos de antemán a súa colaboración e paciencia.

       Intentaremos atendelos do mellor xeito posible.

        Asemade recordarlles que as normas Covid para o presente curso serán practicamente similares ao ano pasado.

        En vindeiros días procuraremos facerlle chegar as novidades que foran xurdindo.

DEICA XA!!!

 

SOLICITUDE USUARIOS DE COMEDOR PARA O CURSO 2021/2022

 

 

Queda aberto o prazo para entregar as solicitudes de comedor correspondentes ao alumnado escolarizado no curso 2021/2022. As persoas interesadas poderán descargar no enlace ou recoller no centro os modelos de autodeclaración para poder cubrilos e entregalos en  prazo.

 

PARA DESCARGAR  PREME NO ENLACE

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O  VINDEIRO CURSO 2021-2022

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22

 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O  VINDEIRO CURSO 2021-2022

 

 

FORON ADMITIDOS TÓDOL@S ALUMN@S  QUE PRESENTARON A CORRRESPONDENTE SOLICITUDE: Deberán formalizar a matrícula do 21 ao 30 de xuño. (De non levar a cabo dito trámite, decaerá o dereito á praza obtida.)

Para iso deberán aportar:

Impreso (cuberto) de formalización de matrícula e a documentación correspondente.

 

 

   DATAS DO PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN 2021/2022

 

Proceso de admisión

 

Presentación de solicitudes

1 ao 22 de marzo

Renuncia das familias á solicitude ordinaria nun centro

Ata o 22 de marzo

Prazo entrega de documentación xustificativa dos criterios do baremo (sócentros quebareman)

10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido

Antes do 25 de abril

Prazo de reclamación

5 días hábiles despois do seguinte á publicación da listaxe provisional

Exposición de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido

antes do 15 de maio

Período de matrícula

 

Matrícula en E.I. e E.P.

20 ao 30 dexuño

 

prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 22 de marzo na secretaría do centro (previa cita). Poden descargar o impreso premendo aquí

 

MASCARILLAS - ORDE DO 6 DE NOVEMBRO DE 2020

Estimadas familias:

Segundo a norma 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial, en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, infórmase de que o ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA do CEIP Joaquina Gallego Jorreto (A Merca):

1.- Non ten presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 20/21.

2.- Ten que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 20/21 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  •  Familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.
  •  Alumnado matriculado en Educación Especial.
  •  Alumnado tutelado pola Xunta de Galicia.
  •  Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

A SOLICITUDE ÚNICAMENTE SE PODERÁ PRESENTAR DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO EDUCATIVO DO 16 AO 27 DE NOVEMBRO.

O centro adquirirá as máscaras tendo en conta os criterios establecidos nas instrucións de material hixiénico-sanitario Covid-19.

 

NOTA ACLARATORIA:

  •   O alumnado de Educación Infantil NON é beneficiario.
  •  O alumnado que é beneficiario de xeito automático pola renda NON ten que cubrir nada.
  •   O alumnado que NON é beneficiario deberá cubrir o anexo do procedemento ED 330E, para cubrir no caso de que cumpra con algunha das condicións/situacións sinaladas no punto 2.

 

 

INSTRUCIÓNS ORDE MASCARILLAS

 

Un saúdo.

 

 

HORARIOS ESPELLO

 

De acordo co establecido no Plan de Ensino Virtual da Consellería de Educación e na Resolución conxunta, do 2 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, vimos de crear os horarios espello, que regularán a actividade lectiva NON PRESENCIAL   en caso de peche das aulas presenciais.

A actividade virtual terá lugar na Aula Virtual ou na Edixgal (5º e 6º curso) e a través de vídeoconferencias co servizo Cisco Webex ou Falemos.

Estos horarios poden modificarse, sendo informados dos cambios a través desta mesma páxina.

 

 

 

CIRCULAR CONVOCATORIA REUNIÓN ANPA

Na Circular nº 2 achegamos a convocatoria para a reunión da Anpa que terá lugar o vindeiro día 14 de outubro ás 19 horas. Premendo na descarga poderedes ver a Orde do día.

 

ANPA O MONTIÑO

 

Dende a Anpa queremos achegarvos, empregando a web, a circular que xa foi entregada aos alumnos para facilitar a súa lectura.

No presente curso procuraremos ir alternando ámbolos xeitos de comunicación e empregar, en cada caso, o que nos pareza máis rápido e axeitado.

 

 

 

 

 

 

CURSO 2020/2021

XA ESTAMOS DE VOLTA!

 
 

Mañá xoves iniciamos un novo curso dun xeito escalonado. 

 - 4º, 5º de EDUCACIÓN INFANTIL e 1º, 2º e 3º de EDUCACIÓN PRIMARIA comezarán o día 10 no horario habitual (9:15-15:00) .

 - 6º de EDUCACIÓN INFANTIL e 4º,5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA incorporaranse o día 11.

ÁNIMO, AGARDÁMOSVOS CON MOITA ILUSIÓN

MEDIDAS COVID PARA AS FAMILIAS E DECLARACIÓN RESPONSABLE

Nos documentos adxuntos acheganse as medidas covid para as familias e a declaración responsable para que poidan ser consultadas.

En calquera caso tamén serán enviadas en soporte papel para que poidan consultadas con facilidade ao longo do curso.

Agradecemos asemade que á maior brevidade posible devolvan a declaración responsable debidamente cumprimentada e asinada polos proxenitores.

PODES PREMER NOS SEGUINTES ENLACES PARA CONSULTALOS

 

                                              

APLICACIÓN ABALAR MÓBIL

Comunicamos ás familias dos alumnos e alumnas que se incorporan ao noso centro escolar por primeira vez que deben instalar nos seus teléfonos móbiles a aplicación ABALAR MÓBIL, xa que, ademais das informacións e avisos publicados na nosa páxina web, será a través desta aplicación como vos serán enviados outros avisos e comunicados, tanto por parte do profesorado como por parte da dirección do centro. 

No seguinte enlace tedes unha guía para saber como instalar a aplicación nos vosos móbiles (que logo podedes descargar tamén nunha tableta). En dita guía tamén se explica como consultar despois os datos. 

GUÍA INSTALACIÓN APLICACIÓN ABALAR MÓBIL 

INFORMACIÓN SOBRE A APLICACIÓN ABALAR MÓBIL

Se algunha familia ten dificultades ou non pode descargar dita aplicación, podedes poñervos en contacto co centro das seguintes maneiras:

- Enviando unha mensaxe ao seguinte enderezo electrónico:                     ceip.joaquina.gallego@edu.xunta.gal 

- Chamando por teléfono ao número 988 260 052

NOTA-  a aplicación pode ser instalada polos dous proxenitores, tanto o pai coma a nai, cada un no seu teléfono móbil.      

Segundo nos comunican dende a Consellería, a aplicación non estará operativa ata que comece o curso.                      

 

 

 

 

 

ATENCIÓN: DISPOÑIBLES AS LISTAXES DOS NOVOS LIBROS INFANTIL E O MATERIAL CORRESPONDENTE PARA O CURSO 2020/2021.  

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2020/2021.

No seguinte enlace poderás descargar o Calendario escolar 2020/2021.

 

 

QUENDAS PARA REALIZAR OS TRÁMITES ADMINISTRATIVOS PENDENTES:

MATRÍCULA NOVO ALUMNADO, FONDOS E AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS, AUTODECLARACIÓNS COMEDOR CURSO 2020/2021 E ENTREGA DE HISTORIAIS AO ALUMNADO DE 6º CURSO 

Seguindo as pautas que nos marcaran e coa finalidade de procurar as mellores condicións e seguridade para tod@s dende a dirección do centro  establécese un modelo organizativo de presenza por quendas e horarios por cursos co fin de evitar agrupacións de persoas no centro educativo. A presencia das nais e pais cumprirá a medidas que se establecen distancia de seguridade e uso de mascarillas.

Recomendamos que cando acudades ao centro no día que se vos cite, respectedes o horario asignado e as medidas sanitarias correspondentes o acceso ao centro será de xeito individual e deberán seguir as indicacións que atopen no mesmo.

 

Grazas pola vosa colaboración

 

Asemade informamos das datas de listaxes de fondo de libros e entrega de vales para libros de texto e vales de material:

  • PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS: 6 de xullo
  • RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS: 7 ou 9 de xullo (secretaría do centro)
  • PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS: 10 de xullo
  • ENTREGA DE VALES PARA LIBROS DE TEXTO E VALES PARA MATERIAL:   7 ou 9 de xullo. 

           CONSULTA A TÚA QUENDA NO  SEGUINTE ENLACE 

 

  • ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO: Setembro

As listaxes estarán publicadas no taboleiro da secretaría, non poden ser publicadas a través da páxina web pola protección de datos.

Os vales non recollidos no mes de xullo, poderán recollerse en setembro na secretaría do centro.

 

As datas poden verse modificadas por calquer imprevisto na xestión da aplicación fondolibros. Polo tanto, estade atentos á informacións que podan xurdir e serán publicadas nesta páxina web.

 

 

COMEDOR CURSO 2020-2021

 

 LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-2021

 

 

 

 

FONDO LIBROS, AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

Seguindo as pautas que nos marcan…

“Os centros educativos permitirán a entrada dos proxenitores do alumnado dende o momento en que se levanten as restricións de movemento, coincidentes coa fase II, coa finalidade de recoller o material dos seus fillos/as. Para estes efectos a dirección de cada centro poderá establecer un modelo organizativo de presenza por quendas ou horarios por cursos co fin de evitar agrupacións de persoas no centro educativo. A presencia das nais e pais cumprirá a medidas que se establecen no anexo as presentes instrucións.”

Recomendamos que cando acudades ao centro no día que se vos cite, respectedes o horario asignado e as medidas sanitarias correspondentes, deberase manter o distanciamento social de 2 metros con outras persoas. O acceso ao centro será de xeito individual e deberán seguir as indicacións que atopen no mesmo.

Grazas pola vosa colaboración

E. I. 3A

E. I. 4A

E. I. 5A

E.P.

1º C

E.P.

2º C

E.P.

3º C

E.P.

4º C

E.P.

5º C

E.P.

6º C

 

26/05

 

26/05

 

26/05

 

28/05

 

28/05

 

02/06

 

02/06

 

04/06

 

04/06

Recoller libros e fichas,

gorras, traballos,...

Devolver libros do fondo e

 recoller o material que teñan no cole de súa propiedade.

Poden achegar os traballos que vaian tendo rematados.

As libretas poden continuar con elas para seguir traballando.

O que falte entregaranse a final de curso ou en setembro.

 

 

Entregar

Solicitude material e libros para 1º curso

Entregar

Solicitude material e libros para 2º curso

Entregar

Solicitude fondo libros para 3º C

Entregar

Solicitude fondo libros para 4º C

Entregar

Solicitude fondo libros para 5º C

Entregar

Solicitude fondo libros para 6º C

 

MODELO

ED330B

SOLICITUDE

 

HORARIO

DE CADA

FAMILIA

INSTRUCCIONS

PARA CUMPLIMENTAR

 

ESTIMADAS FAMILIAS

Achégase a  Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 7 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021, e máis ligazón ao contido publicado no Portal Educativo.

Como ben coñecen as circunstancias xerais actuais relacionadas co COVID-19 e segundo as particulares, no caso do noso centro, no que se estaba aproveitando dende a Unidade Técnica da Xefatura Territorial para acometer a reforma que supón a substitución dos teitos de espazos comúns e aulas, vémonos na obriga de facer algúns reaxustes.

Os referidos feitos imposibilitan o desenvolvemento das tarefas docentes e administrativas de xeito normal e dado que non garanten a apertura do centro de xeito continuado pregamos que UNICAMENTE se acheguen os que deban presentar solicitude de admisión. Para calquera outra consulta ou actividade o Centro permanecerá pechado e manterase o contacto utilizando os medios non presenciais que vimos usando dende o 13 de marzo.

Prazo de presentación de solicitudes de admisión

Restablecer o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.

Coa finalidade de extremar as precaucións e velar pola seguridade de traballadores, familias e profesorado, pregámoslle que, só as familias que precisan cumprir con este trámite,  SOLICITEN CITA PREVIA no teléfono habilitado dende o 13 de marzo para a comunicación co centro 640 397 476 para poder acudir na data e hora que se acorde e respectando as normas de hixiene que dende o Sistema de Saúde  nos indican (distancia social, mascarillas, guantes,...) e procurando a máxima prudencia e puntualidade  posibles para limitar aglomeracións contactos e coincidencias.

 

AGRADECEMOS DE ANTEMÁN A SÚA COLABORACIÓN!!!
Un saúdo.

                                        

 

 

 

 

 

 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA.

CORONAVIRUS: COVID-19

Preme no enlace para ver un resumo da normativa. Lembra que o prazo para o presentación: do 31 de marzo ao 6 de  abril

 

 

 

Non esquezades tampouco que, coa finalidade de poder recibir as notas da segunda avaliación, sería preciso que sigades os pasos para instalar o abalarMobil e facernos chegar unha mensaxe ou email para poder facilitarvos os contrasinais para poder traballar dende a Aula virtual na 3ª Avaliación.

Unha aperta, forza e ánimo!!!

 

 

 Descarga xa abalar móbil, para poder comunicarnos  ou

solicita por correo electrónico ao mail do

centro,  ceip.joaquina.gallego@edu.xunta.es, o teu usuario  e

contrasinal necesario para empezar a empregar a Aula Virtual

 

Unha vez que dispoñas  dos teus datos poderás acceder desde

esta páxina para poder ir descargando os materiais cada semana.

 

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

abalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.
 
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 
 
 
   

Durante o tempo que permaneza pechado o Centro a comunicación co mesmo poderase facer consultando esta páxina e asemade empregando o mail do centro ceip.joaquina.gallego@edu.xunta.es e co pouco a pouco procuraremos ir poñendo en funcionamento a aplicación Abalar Movil sobre a que podedes atopar máis información no segu inteenderezo 

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

PEDIMOS DESCULPAS POR ADIANTADO POLAS MOSLESTIAS CAUSADAS DEBIDAS AS MÚLTIPLES DIFICULTADES COAS QUE NOS ESTAMOS ATOPANDO DEBIDO AO PRECIPITADO DOS ACONTECEMENTOS.

UNHA VEZ MÁIS E MOMENTO DE TIRAR PROVEITO DAS ADVERSIDADES E EMPURRAR TODOS NA MISMA DIRECCIÓN. UNHA APERTA FAMILIAS!



  

COMEDOR

IMPRESOS 

 AUTOLIQUIDAR

COLABORAR

 

 XORNAL

  ESTRADA DE CELANOVA Nº 1  32830-A MERCA - OURENSE
ceip.joaquina.gallego@edu.xunta.es
TLFNO E FAX 988 260 052 

LEMBRA A NOSA PÁXINA ANTERIOR

 http://centros.edu.xunta.es/ceipjoaquinagallegojorreto/

 

 

TAREFAS E RECOMENDACIÓNS PARA O NOSO ALUMNADO

 

Benqueridas familias:

O primeiro de todo, pedir desculpas por non ter as tarefas á vosa disposición antes, pero por mor de problemas técnicos e que a web do colexio estivo toda a fin de semana en mantemento por parte dos servizos técnicos da Consellería, non as puidemos colgar antes.

A Consellería de Educación publicou no portal educativo unhas medidas a adoptar polos centros educativos na que puntualiza que o profesorado programará “actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, pero non terán carácter de avaliables”.

Ante esta difícil situación, pretendemos achegarvos recursos que vos poidan axudar na tarefa de manter ás nenas e nenos realizando actividades curriculares de aprendizaxe.

Somos conscientes de que as situacións serán tan diversas como as familias: algúns estaredes con eles na casa, outros non poderedes, e todos teredes que asumir tarefas que impiden prestarlles atención continuada.

A situación excepcional que nos toca vivir, require que todos poñamos un pouco da nosa parte e sabemos que a todos se nos pide un gran esforzo. Por todo elo, queremos agradecer a vosa colaboración e enviarvos moito ánimo que vos axude a levar da mellor forma posible estes momentos.

Seguide atentos á páxina web do colexio polas novidades que poidan xurdir e tamén, porque nalgúns casos, aparecerán novos contidos.

 

Unha aperta para todos.

NOVIDADES CRISE COVID-19

Informamos das seguintes novidades:

· Decretado o Estado de Alerta e o de Alerta Sanitaria, polo Goberno de España e Galicia, o colexio permanecerá pechado na súa totalidade e non se recibirán visitas.
 
· Segundo o RD 463/2020 do 14 de marzo de 2020, publicado no BOE e a Resolución do 15 de marzo de 2020 publicada no DOG, interrómpense o prazo de solicitudes de admisión. O cómputo de prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o Real Decreto.
 
· Respecto ás actividades a realizar polo alumnado, éstas estarán dispoñibles na páxina web do centro en canto sexa posible. O mantemento da mesma por parte da Consellería, non facilitou poder colgar o contido preparado polo profesorado.

 

 

 

 

  

 

AdxuntoTamaño
AXUDAS COMEDOR. COVID-19_0 Merca.pdf296.82 KB
Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019.pdf75.94 KB
resolucion_conselleira_07_05_2020.pdf125.23 KB
INSTRUCCIÓNS FONDOS, AXUDAS E MATERIAL 2020.pdf60.13 KB
SOLICITUD FONDO LIBROS Y MATERIAL ESCOLAR.pdf1.92 MB
Quenda material, libros e traballos.pdf137.19 KB
Quendas Axudas libros Comedor e Historiais.pdf113.85 KB
Calendario_escolar Merca20-21 copia.pdf140.36 KB
Medidas Covid Familas web.pdf171.45 KB
Modelo_declaracion_responsable_familias AM.pdf757.63 KB
CIRCULAR CUOTA DEL ANPA.pdf62.76 KB
CIRCULAR REUNIÓN ANPA CAMBIO JUNTA DIRECTIVA. pdf.pdf59.78 KB
Calendario con lenda .jpg250.64 KB
INSTRUCCIÓNS ORDE MÁSCARAS definitivo asinado.pdf227.34 KB
Horarios_Espello web A Merca .pdf1.91 MB
ED550B-G_2021_2022.pdf1.52 MB
Documento formalizacion matricula.pdf427.8 KB
Convocatoria nais-pais.pdf343.23 KB
CONSTITUCIÓN XUNTA ELECTORAL.pdf252 KB
Circular recordatorio.pdf267.59 KB
AnuncioG0598-260122-0001_gl.pdf600.08 KB
Adaptación Concreción Curricular Web.pdf314.21 KB
PLAN DIXITAL CEIP JOAQUINA GALLEGO JORRETO web.pdf372.8 KB