CHARLA DA AXENCIA TRIBUTARIA
Hoxe, 22 de abril o alumnado de 5º e 6º da primaria, recibiron a visita dun traballador da Axencia Tributaria que lles veu explicar as distintas funcións deste servizo, ademais dalgúns conceptos básicos.
“Que é e para que serve”, así comezou a charla, que seguiría cas aduanas e os pagos dos impostos como o IVE, o cal a maioría dos nenos recoñece nas facturas habituais, como no ticket do supermercado. Despois de falarlles dos impostos que se abonan, para poder desfrutar dos servizos colectivos como a escola e a sanidade pública, rematou falando do fraude fiscal e do vandalismo nas cidades, o cal supón unha inversión a maiores de cartos. Este último, suscitou bastante interese nos rapaces.
Sen dúbida, foi unha charla moi didáctica nas que xurdiron moitos comentarios e interese entre o noso alumnado.