Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Solicitudes
SOLICITUDE TRANSPORTE
IMPORTANTE!
Todos os correos recibidos recibirán contestación. De non recibir a resposta por parte do centro de que está lido, nun prazo coherente, volver a intentar envialo. É a forma de asegurarnos unha correcta comunicación.
Estimadas familias:
Este ano, a solicitude de transporte farase de xeito distinto por mor das circunstacias especias que estamos a vivir.
Teredes que descargar o pdf que se adxunta a esta publicación, cubrilo correctamente para que logo non haxa errores nas listas, e reenvialo ao correo do centro especificando TRANSPORTE no asunto do email.
Haberá dous formularios, un destinado ao alumnado que ten dereito ao uso deste servizo, que seguindo a ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes establece:
Artigo 6. Acceso a servizos complementarios
1. O alumnado que solicite e obteña praza nun centro escolar distinto ao que lle corresponda segundo a distribución das áreas de influencia delimitadas polas xefaturas territoriais, non terá dereito a ningún dos servizos complementarios establecidos pola consellería.
2. Excepcionalmente, terán dereito aos servizos complementarios as irmás e os irmáns do alumnado xa escolarizado no centro con carácter forzoso.
e outro formulario para o alumnado ao que non ten dereito e solicita o uso excepcional do servizo.
Rogamos cubran correctamente a solicitude, unha para cada alumno/a.
O prazo para o envio da solicitude é ata o venres 12 de xuño.
SOLICITUDE TRANSPORTE CON DEREITO
SOLICITUDE TRANSPORTE SEN DEREITO