Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
Convivencia
VIDEO MEDIOAMBIENTE
Aquí tedes unha recopilación dos debuxos dos nenos/as que participaron na actividade de Medioambiente.
Moitas grazas :)
5 DE XUÑO DÍA DO MEDIOAMBIENTE
Saúdos familias!
Desde a comisión de convivencia queremos conmemorar o Día Mundial do Medioambiente (5 de xuño).
O confinamento provocado pola pandemia do COVID-19 influíu notablemente no noso medio natural, e isto é o que imos tratar.
Propoñémosvos que o alumnado escriba unha frase acompañada dun debuxo sobre os cambios na natureza que puideron observar durante o confinamento. Tamén podedes buscar noticias ao respecto que vos axuden a reflexionar sobre este tema. O alumnado que participe envíade as tarefas ao seu titor/a correspondente.
Adxuntamos un tríptico no que se explica a situación que están a vivir as aves da nosa contorna pola escaseza de alimento e animámosvos a colocar comedeiros e proporcionar sementes ou alpiste para os paxaros e poñer así o noso gran de area para mellorar as condicións de vida deste grupo de seres vivos.
A nosa contorna importa e apórtanos unha gran cantidade de recursos, fagamos algo por ela!
ESCAPE ROOM VIRTUAL
Despois de 45 días confinados... dicirvos que sodes uns campións e campioas! Sentimonos moi orgullosos. Aínda que cada vez vai costando máis sentarse a traballar, estamos máis cansos, o sabemos...
Polo que propoñemos un xogo: ESCAPE GAME.
Unha forma moi divertida de aprender :)
ESTADES ATRAPADOS NO COLEXIO. TEDES QUE ESCOLLER UN PERSOAXE E IR SUPERANDO CADA MISIÓN PARA PODER ABRIR AS PORTAS ANTES DE QUE O TEMPO FINALICE...
BOA SORTE A TODOS E A TODAS!
ESCAPE GAME VIRTUAL
Pinchades no enlace e xa vos aparece a pantalla principal para comezar o xogo. Recordade antes de comezar as misións de ler a introdución e escoller un persoaxe.
Xa estades preparadas para realizar as misións!
8 de Marzo: Día da muller traballadora
Homenaxe de alumnos/as de E.P para conmemorar a loita da muller pola súa participación dentro da sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa. Grazas!
14 de Febreiro: San Valentín
Dende o Ceip Isidro Parga Pondal quixemos celebrar o día de San Valentín sempre dende a IGUALDADE e o RESPECTO.
AVES CHEAS DE SOÑOS
O origami é unha arte milenaria que se basea en facer obxectos con papel. Conta unha lenda que a primeira grúa que se deseñou foi nos anos corenta mentres se desenvolvía a guerra de Hiroshima que deu lugar á explosión dunha bomba atómica. Naquel momento, unha nena chamada Sadako Sasaki estaba moi enferma debido á exposición á radiación. Mentres estaba no hospital, o seu amigo Chizuko aconselloulle que fixese grúas de papel xa que se conseguía chegar a facer 1000 podería pedir un desexo. O desexo de Sadako era curarse e que finalizase a guerra. O CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal quixo conmemorar o Día da paz enchendo o centro de grúas.
Os nenos/as de 5º e 6º de primaria, acompañados pola súa mestra Alba foron contando a historia de Sadako pot todas as aulas e axudando aos compañeiras/os a facer a súa grúa.O resultado foi una total implicación tanto do alumnado como do profesorado chegando a facer 1450 grúas de papel!
Todo o centro foi decorado con grúas cargadas de desexos...
Pero a historia non remata ahí...
Saiu unha noticia no Blogue da Aula Hospitalaria, Materno Infantil coa idea de visibilizar unha realidade que vense incrementando cada ano, o cancro infantil. Por iso, o 15 de Febreiro querían encher de grúas con mensaxe de alento e positividade os teitos e pasillos das Salas de Oncoloxía Pediátrica e a Aula Hospitalaria de Hopsital Materno Infantil de A Coruña.
E así foi como as nosas grúas voaron...
Esperamos que os vosos desexos se cumpran.
ÁNIMO AMIGOS/AS
Día Internacional da Muller
O pasado día 8 de Marzo, o Equipo de Convivencia encargouse de elaborar e colgar no noso centro estes fantásticos e simbólicos paraugas cargados de mensaxes de equidade e igualdade real entre homes e mulleres. Estas mensaxes foron escritas polo alumnado do centro a modo de reflexión para que estemos baixo o amparo da non discriminación.
Moitas grazas polo traballo realizado!
![]() |
![]() |
![]() |
Día da Paz
O pasado día 30 de Xaneiro, celebramos no Ceip Isidro Parga Pondal o Día da Paz doando produtos de hixiene básica e de alimentación non perecedeiros á Cruz Vermella. Ditos produtos foron traídos voluntariamente polo alumnado do centro.
Furgoneta de Cruz Vermella cos produtos doados
|
|
Para cargar os alimentos fixemos unha cadea humana formada por mestras e o alumnado de 6º de Educación Primaria. |
Grazas a ditas doazóns puidemos compoñer uns aneis olímpicos de productos, diante dos cales os distintos cursos bailaron por niveis unha veriedade de danzas típicas de distintos países do mundo.
|
Aneis olímpicos de produtos |
Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración e facer posibles as doazóns e demostrar que dende o centro tamén podemos axudar as asociacións da nosa contorna!
![RSS - Convivencia Distribuir contido](/centros/ceipisidroparga/misc/feed.png)