AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
O Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a algunha destas situacións: discapacidade, trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe, trastorno do espectro autista e altas capacidades.
O prazo para solicitalas remata o 30 de setembro de 2021.
Máis información:
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2021.html#dg1