Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
PROXECTO TRANSFORMANDO PATIOS CURSO 2019-2020
Prezada comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal.
Esta nota ten como obxectivo convidar tanto a familias como profesorado a unha reunión para continuar o PROXECTO TRANSFORMANDO PATIOS!
Dende o curso 2017-2018, vimos traballando conxuntamente, dende o cole (nen@s, familias, persoal do cole) e a Universidade da Coruña (Facultade de Ciencias da Saúde, Terapia Ocupacional), nun proxecto de transformación colaborativo dos patios, co obxectivo de fomentar a participación e a inclusión nos mesmos.
Durante o curso 2018-2019, o alumnado do cole (todo!), o profesorado e as familias, participaron sacando fotografías e debatendo sobre os elementos que “gustan” e os que “non gustan” dos patios e propoñendo alternativas de cambio. Ao final do curso, con toda esta información analizada de forma participativa, fixemos varias reunións nas que estaban convidadas familias e profesorado, para poder artellar fórmulas para facer realidade as prioridades identificadas pol@s nen@s. Consensuadamente, se decidiu que era relevante comezar pintando os patios entre tod@s!
Pensando na primavera, convocamos a toda persoa interesada a participar a unha reunión que terá lugar o vindeiro 9 de Marzo do 2020, ás 17:00 no cole. Faremos unha recapitulación do que levamos feito ata o momento e organizaremos conxuntamente os seguintes pasos.
Asemade, recordade que temos web na que está toda a info do proxecto: https://www.transformandopatios.org/
Agardámosvos con moita ilusión!!
O equipo da universidade e o equipo directivo do CEIP Parga Pondal