Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
MÁSCARAS ALUMNADO
Benqueridas familias:
Acaba de sair a Orde que regula os criterios e o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de 6.000 €, ou ben que fose beneficiario de axudas para material escolar.
O procedemento para a saolicitude será o seguinte:
1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con que conviva en acollemento familiar.
2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.
3. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno/a.
Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22, que será beneficiario directo.
Adxuntamos a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.
Orde do 28 de outubro de 2021
Formulario a cubrir para a solicitude
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021
De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 20 de setembro de
2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se
establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos
consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos,
realizarase proximamente a renovación do Consello Escolar, que, como é
sabido, constitúe o órgano de participación na vida escolar de todos os
sectores educativos.
SORTEO XUNTA ELECTORAL 27/10/21
1ª REUNIÓN XUNTA ELECTORAL 2/11/21
- CONSTITUCIÓN XJUNTA ELECTORAL
- APROBACIÓN CALENDARIO
- PUBLICACIÓN CENSOS QUE PODERÁN SER CONSULTADOS NA SECRETARIA DO CENTRO.
CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
PRAZO PRESENTACIÓN CANDIDATURAS 4/11/21 A 11/11/21
PRAZO DE RECLAMACIÓN CENSOS 4/11/21
2ª REUNIÓN XUNTA ELECTORAL 15/11/21
- PROCLAMACIÓN CANDIDATURAS
- APROBACIÓN CENSOS, PAPELETAS
- SORTEO MESA ELECTORAL
VOTACIÓN DÍA 22 NOVEMBRO
- PAIS/ NAIS DE 13 A 15 E DE 17 A 18
- MESTRES DE 17 A 18
- PERSOAL NON DOCENTE DE 13 A 15
3ª REUNIÓN XUNTA ELECTORAL 23/11/21
- PROCLAMACIÓN CANDIDATOS ELECTOS
- TRASLADO ACTAS DAS MESAS
CONSTITUCIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 29/11/21
Saídas alumnado
Estase a facer as comprobacións necesarias para que as familias que teñan fillos/as que saian á mesma hora por distinta porta, poidan ter unha solución o más axiña posible. Mentres, será recollido antes o alumnado de menor idade e logo os maiores que esperarán xunto co titor/a.
Gracias pola vosa colaboración e comprensión
AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
O Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a algunha destas situacións: discapacidade, trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe, trastorno do espectro autista e altas capacidades.
O prazo para solicitalas remata o 30 de setembro de 2021.
Máis información:
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2021.html#dg1
Benvidos ao novo curso 21-22
Bo día familias:
O día 9 comezamos un novo curso cheo de ganas e ilusión.
Deixámosvos AQUÍ unha presentación coa información sobre o COVID para este curso.
Tamén o enlace a protocolo elaborado pola xunta. AQUÍ
En esta semana colgaremos tamén as listaxes de material e outra información de interese.
VALES PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Benqueridas familias:
Recordamos que mañá estarán os listados definitivos de fondo libros dispoñibles para a súa consulta na secretaría do centro. Tendo en conta a LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS, non será dada información ao respecto por teléfono.
Será a partir do luns cando estean dispoñibles os vales para libros e material escolar para os/as que resultaran beneficiarios dos mesmos.
Poderán recollerse na secretaría do centro do 12 ao 16 de xullo en horario de 09:30 a 13:00 horas.
Os que non sexan recollidos nesa semana serán xa recollidos a 1 de setembro.
Gracias pola vosa colaboración
Liáns, Santaia, 8 de xullo de 2021
LISTADO PROVISIONAL TRANSPORTE ESCOLAR
Xa están dispoñibles na secretaría do centro os listados provisionais de transporte escolar para o vindeiro curso 21/22. Tendes ata o luns 12 de xullo ás 12:00 horas para formular, de ser o caso, reclamacións a esta listaxe provisional que serán resoltas no consello escolar do día 13 de xullo.
Seguindo a lei de protección de datos, non se dará información por via telefónica.
Liáns, Santaia, 6 de xullo de 2021
RECOLLIDA HISTORIAL ACADÉMICO ALUMNADO 6º EP
Os pais/nais ou titores legais do alumnado de 6º de primaria poden pasar pola secretaría do centro a recoller os historiais académicos do 28 de xuño ao 2 de xullo con cita previa.
Gracias pola vosa colaboración
Sta Cruz, 26 de xuño de 2021
MATRÍCULA CURSO 24/25
Lembrámoslles que o periodo de formalización de matrícula vai do 20 ao 30 de xuño. Este procedemento faise de forma presencial na secretaría do centro.
Grazas pola vosa colaboración
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »