Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
NOVAS
Estimadas familias:
Seguindo as instruccións da Conselleria de Educación, dende o vindeiro luns 16 e durante 14 días, nunha primeira instancia, NON haberá clases, actividades extraescolares nin calquera outro servicio complementario.
Tal e como se indican na páxina da Xunta serán faciilitadas ao alumnado tarefas xenéricas que serán colgadas na páxina web por niveis educativos. De non funcionar correctamente este medio, serán postas en coñecemento das familias por outros medios de mensaxeria empregados habitualmente.
Seguiremos de todos os xeitos atentos as novidades que se poidan producir ao respecto.
Un saúdo.
Equipo Directivo.
outros documentos
O día 11 de febreiro de 2022 foi publicada no DOG, a Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.
Queremos destacar desa orde:
Artigo 6. Promoción
Ao finalizar os cursos segundo, cuarto e sexto da etapa de educación primaria, e como consecuencia do proceso de avaliación, o equipo docente do grupo, na sesión de avaliación final, decidirá sobre a promoción do alumnado. A decisión será adoptada de xeito colexiado, tendo en conta os criterios de promoción e tomando especialmente en consideración a información e o criterio do profesorado titor. A promoción no resto de cursos desa etapa será automática.
criterios de 2º Ed. Primaria
criterios de 4º Ed. Primaria
criterios de 6º Ed. Primaria
DÍA DO MEDIOAMBIENTE
O ISIDRO FAI O CAMIÑO
ESTE CURSO O ISIDRO PARGA PONDAL PRESENTOU TRES PROXECTOS DISTINTOS O PROGRAMA VOLUNTARIADO MIÚDO.
UN DESES PROXECTOS É "O CAMIÑO DOS LIMPAISIDROS CARA UN MUNDO MELLOR"
Nestre proxecto participou todo o centro educativo e comenza por :
REDUCIR
RECICLAR
REUTILIZAR
Para completar a economía circular e visibilizar no centro o fin do proceso o curso pasado chegou o BANCO DA AMIZADE e este curso os sellos que todos os cursos conseguiron colaborando correctamente na reciclaxe plasmase nun novo elemento de mobiliario para o noso patio. SORPRESA!!!!!!!
NORABOA ALICIA!!!!!!!
POR DEMOSTRAR QUE O ESFORZO MERECE A PENA, QUE QUEN A SEGUE A CONSEGUE E QUE SEMPRE DEBEMOS PERSEGUIR OS NOSOS SOÑOS XA QUE EN OCASIÓNS SE CUMPREN.
TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA QUEREMOS DARCHE A NORABOA POLO MERECIDO RECOÑECEMENTO COMO MELLOR PROFESORA DO ANO 2020 QUE TAN DIFÍCIL FOI PARA TODOS.
INICIO DE CURSO
Estimadas familias:
Dende o equipo directivo queremos informarlles de que estase a facer o Plan de Contixencia así coma o protocolo de adaptación ao contexto do covid-19 elaborado pola Xunta de Galicia o 22/7/2020.
Igualmente, a ANPA Bidueiro e esta dirección están a traballar do mesmo xeito o relativo á madrugadores, comedor e actividades extraescolares. A Anpa está a realizar o seu propio protocolo para adxuntar o protocolo do centro educativo coordinado por unha empresa de prevención de riscos laborais.
O Protocolo será presentado o claustro de Mestres o día 1 de setembro para dar traslado do mesmo a Inspección educativa para a súa aprobación e posta en funcionamento.
Nese intre será dado a coñecer a toda a comunidade educativa por medio da páxina web do centro educativo.
Ademais serán dadas a coñecer todas as medidas no que fai referencia as entradas e saídas, recreos ou outras medidas que se tomen e afecten a vida escolar dos nosos alumnos/as. Pregamos a súa colaboración para facer estas medidas o máis operativas e efectivas posible.
Por suposto que este centro está a tomar todas as medidas en materia de prevención, seguridade e hixiene sanitaria para transformalo nun espazo o máis protexido posible dentro das nosas competencias, posibilidades e características.
Estamos planificando a organización do centro con Grupos de Convivencia estable con medidas particulares en cada aula e na utilización dos espazos destinados a recreos, de xeito que non teñan contacto con outras aulas.
Evitaremos os desprazamentos polo centro educativo do alumnado e tomaremos as medidas hixiénico- sanitarias adaptadas o protocolo proporcionado pola Consellería así como a adaptación a tódalas actualizacións ou novas instrucións e medidas que se poidan producir.
Do mesmo xeito, aquelas medidas que poidan xurdir da reunión sectorial de Educación por parte do Estado e de todas as Comunidades Autónomas, serán incluídas no protocolo tan pronto se produzan.
Agradecemos de antemán a súa colaboración e desculpen as molestias que poidan ocasionar na normalidade das nosas vidas. Estamos seguros de que seremos capaces de saír reforzados de toda esta situación.
A espera de poder facilitar unha información máis detallada, reciban un cordial e afectuoso saúdo
A dirección.
RENUNCIA Á PRAZA
Bo día familias:
Os/As alumnos/as que obtiveran praza noutro centro e que polo tanto, non vaian a continuar cos seus estudios no noso centro para o vindeiro curso, deben proceder á renuncia á praza cubrindo o formulario dispoñible na nosa páxina web e envialo ao email ceip.isidro.parga@edu.xunta.gal co asunto RENUNCIA Á PRAZA. Sempre teredes un correo de contestación. De non ser así, poñédevos en contacto connosco no teléfono do colexio.
Os/as alumnos/as que continuan no centro non teñen nada que facer, xa que a plaza renóvase automáticamente.
Un saúdo
Incidencias comunicacións
Estamos a ter algunhas incidencias coa comunicación por Tokapp. Rogamos que nos desculpedes e tentaremos solucionar coa menor brevidade posible os problemas que vos esteamos podendo ocasionar.
Moitas grazas pola vosa comprensión.
Un saúdo.
ENTREGA DE MATERIAL ESCOLAR
Estimadas familias:
Na vindeira semana, só no caso de pasar á fase II e que se nos autorice a facelo, comezaremos coa entrega do material do alumnado.
Para iso recibiredes a chamada do centro para darvos cita.
Iremos chamando por cursos.
Darase cita cada 15 min para 5 persoas, polo que rogamos, que en caso de coincidir, manteñan a distancia de seguridade de 2 metros. O material estará preparado polo que a entrega debe ser o máis rápido posible pola seguridade de todos/as.
Un saúdo
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- seguinte ›
- última »