Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
MATRÍCULA CURSO 23/24
Bo día familias:
Imos a colgar xa todos os documentos necesarios para a solicitude de matrícula para o alumnado admitido no noso centro para o vindeiro curso 23-24.
A prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño (ambos incluidos).
A documentación a entregar CORRECTAMENTE CUBERTA é a seguinte:
FORMULARIO DE SOLICITUDE DE MATRÍCULA ED. INFANTIL
FORMULARIO DE SOLICITUDE DE MATRÍCULA ED. PRIMARIA
AUTORIZACIÓN PARA A TOMA DE IMAXES
AUTORIZACIÓN PARA SAÍDAS DENTRO E FÓRA DO CONCELLO
AUTORIZACIÓN PARA A RECOLLIDA DO ALUMNADO POR OUTRAS PERSOAS
SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR CON DEREITO
SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR SEN DEREITO
Máis información sobre o transporte escolar na páxina de inicio
Esta documentación deberá vir acompañada dos seguintes documentos en caso de non telos entregado no proceso de admisión:
- DNI ou equivalente do pai/nai/solicitante (se o ten)
- Libro de familia
- Padrón
- Certificado médico de estar correctamente vacinado. Fotocopia da tarxeta de vacinación.
- De ter algunha alerxia ou enfermidade que se deba coñecer, para o seu correcto tratamento, é necesario que sexa con informe médico.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- 3 fotos tamaño carnet
Publicación de Notas Espazo Abalar
Estimadas familias:
Recordarvos que mañá poderedes ver as notas dos vosos/as fillos/as a través da aplicación Abalar Móbil. Seguindo as instruccións da avaliación, as notas da terceira avaliación quedarán sen cubrir en Educación Primaria, quedando cubertas as notas da Ordinaria.
Moitas grazas polo traballo e esforzo realizado.
Un saúdo.
VIDEO MEDIOAMBIENTE
Aquí tedes unha recopilación dos debuxos dos nenos/as que participaron na actividade de Medioambiente.
Moitas grazas :)
ALUMNOS DE 2º DENDE A CASA
Os nenos/as de 2º do noso cole tamén quixeron lembrar os seus mestres/as e mandaron esta mensaxe de ánimo.
Graciñas e bicos para todos.
https://drive.google.com/file/d/1gc8y0H3K-qr2tRCgXEF2dSqQfGiHgY28/view?u...
ESCAPE ROOM VIRTUAL
Despois de 45 días confinados... dicirvos que sodes uns campións e campioas! Sentimonos moi orgullosos. Aínda que cada vez vai costando máis sentarse a traballar, estamos máis cansos, o sabemos...
Polo que propoñemos un xogo: ESCAPE GAME.
Unha forma moi divertida de aprender :)
ESTADES ATRAPADOS NO COLEXIO. TEDES QUE ESCOLLER UN PERSOAXE E IR SUPERANDO CADA MISIÓN PARA PODER ABRIR AS PORTAS ANTES DE QUE O TEMPO FINALICE...
BOA SORTE A TODOS E A TODAS!
ESCAPE GAME VIRTUAL
Pinchades no enlace e xa vos aparece a pantalla principal para comezar o xogo. Recordade antes de comezar as misións de ler a introdución e escoller un persoaxe.
Xa estades preparadas para realizar as misións!
Confinamento alumnado de 5º E.P
Os alumnos/as do Ceip Plurilíngüe Isidro Parga Pondal de 5º de E.P quixeron ter unha mostra de agarimo co profesorado, e o persoal non docente que traballa no Centro ( persoal de limpeza, ANPA, comedor, transporte...) e fixeron este video tan xenial.
Moitas Grazas :) Fíxonos moita ilusión.
Sodes xeniales!
Confinamento Ceip Isidro Parga Pondal
Unha mostra do noso agarimo cara a vós/as familias :)
Todo sairá ben!
GRAZAS!
Departamento de Orientación
Estimadas familias,
Para facilitar o acceso ao blogue do Departamento de Orientación creamos un bloque de contidos no lateral esquerdo desta páxina.
Clicando nel, lévavos directamente ao blogue para poder visualizar contidos e información relevante respecto diso.
NOVAS INSTRUCCIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN DO ALUMNADO NO SEGUNDO TRIMESTRE
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou no día hoxe, 25 de marzo, na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central. No encontro houbo consenso xeneralizado de manter o calendario escolar, co obxectivo de transmitir unha mensaxe de continuidade e normalidade respecto ao ámbito académico.
Nesta liña, acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril. Ademais, decidiuse suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- seguinte ›
- última »