Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
ADIAMENTO DA RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR 2020-21
Publícase a Resolución do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos que será publicada en vindeiras datas no Diario Oficial de Galicia.
A data de publicación no Diario Oficial de Galicia será o 28/10/2020.
SAÍDAS
Enviado por admin o Lun, 05/10/2020 - 18:17Dende este mesmo luns, o alumnado de 3º d EP con irmáns/irmás pequenos/as que saian pola porta principal do centro, sairán por esta mesma porta acompañados/as polo conserxe.
Estamos no estudio doutras solucións para outro alumnado nesta mesma situación.
Moitas gracias pola vosa colaboración e comprensión
Santa Cruz, 5 de outubro de 2020
NOVAS
Estimadas familias:
Estamos facendo axustes no protocolo, sobre todo no que fai referencia ás saídas do centro escolar. Pedimos un pouco de paciencia xa que son distintos os factores a ter en conta para evitar aglomeracións e facilitar na medida do posible o proceso tanto para os nenos/as como para as familias cada unha cunha casuística diferente. Non olvidemos en ningún caso que o mais importante é manter as medidas de seguridade.
Nestes momentos estamos avaliando o proceso e analizando os tempos e xa podremos en breve efectuar algunha modificación.
Xa se poden xestionar as becas para o alumnado con NEE. Deberán chamar para pedir cita e ser atendidos por Orientación.
Non é preciso que os nenos/as veñan cargados con todo o material, poden ir traendo o que precisen pouco a pouco xa que nestes momentos non é posible que as familias entren no centro educativo.
INFORMACIÓN FAMILIAS
Segundo a información publicada o 31.08.2020 no Portal da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o inicio da actividade lectiva será do seguinte xeito:
Xoves 10 de setembro: Alumnado de 4º e 5º Educación infantil, 1º, 2º e 3º Educación Primaria.
Venres 11 de setembro: Alumnado de 6º Ed. Infantil, 4º, 5º e 6º Educación Primaria.
MATERIAIS CURSO 23-24
MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 23-24
1º PRIMARIA
AXUDAS DO CONCELLO PARA O COMEDOR ESCOLAR
Benqueridas familias:
O 2 de SETEMBRO publicouse no BOP da provincia de A Coruña a convocatoria de axudas para asistencia a comedores escolares xestionados pola ANPAS dos centros de ensino público de Oleiros para o curso 2022 – 2023. BOP do 2/9
Poderán ser beneficiarios destas axudas os representantes legais de alumnos/as matriculados en ditos centros para o curso escolar 2022-2023.
Os interesados en solicitar esta axuda poden atopar toda a documentación relacionada (bases, convocatoria e formulario de inscrición) no apartado da Concellería de Ensino e Xuventude da páxina web do Concello de Oleiros.
As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral do Centro Cultura “A Fábrica” (rúa do Inglés, núm. 13 – Perillo) dende o 3 de setembro ata o día 30 de setembro de 2022.
Enlace a páxina do Concello de Oleiros:
http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/c-ensino-e-xuventude/ensino/contidos?p_p_id=EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=columna-1&p_p_col_count=2&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_struts_action=%2Fext%2Fpublicador%2Fview_content&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_assetId=10883387&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_urlTitle=convocatoria-de-axudas-para-asistentes-a-comedores-escolares&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_type=content&redirect=%2Fweb%2Fconcello-oleiros%2Fc-ensino-e-xuventude%2Fensino
INICIO DE CURSO
Estimadas familias:
Dende o equipo directivo queremos informarlles de que estase a facer o Plan de Continxencia así coma o protocolo de adaptación ao contexto do covid-19 elaborado pola Xunta de Galicia o 22/7/2020.
Igualmente, a ANPA Bidueiro e esta dirección están a traballar do mesmo xeito o relativo a madrugadores, comedor e actividades extraescolares. A Anpa está a realizar o seu propio protocolo para adxuntar ao protocolo do centro educativo coordinado por unha empresa de prevención de riscos laborais.
O Protocolo será presentado ao claustro de Mestres o día 1 de setembro para dar traslado do mesmo a Inspección educativa para a súa aprobación e posta en funcionamento.
Nese intre, será dado a coñecer a toda a comunidade educativa por medio da páxina web do centro educativo.
Ademais serán dadas a coñecer todas as medidas no que fai referencia as entradas e saídas, recreos ou outras medidas que se tomen e afecten a vida escolar dos nosos alumnos/as. Pregamos a súa colaboración para facer estas medidas o máis operativas e efectivas posible.
Por suposto que este centro está a tomar todas as medidas en materia de prevención, seguridade e hixiene sanitaria para transformalo nun espazo o máis protexido posible dentro das nosas competencias, posibilidades e características.
Estamos planificando a organización do centro con Grupos de Convivencia estable con medidas particulares en cada aula e na utilización dos espazos destinados a recreos, de xeito que non teñan contacto con outras aulas.
Evitaremos os desprazamentos polo centro educativo do alumnado e tomaremos as medidas hixiénico-sanitarias adaptadas ao protocolo proporcionado pola Consellería así como a adaptación a todas as actualizacións ou novas instrucións e medidas que se poidan producir.
Do mesmo xeito, aquelas medidas que poidan xurdir da reunión sectorial de Educación por parte do Estado e de todas as Comunidades Autónomas, serán incluídas no protocolo tan pronto se produzan.
Agradecemos de antemán a súa colaboración e desculpen as molestias que poidan ocasionar na normalidade das nosas vidas. Estamos seguros de que seremos capaces de saír reforzados de toda esta situación.
A espera de poder facilitar unha información máis detallada, reciban un cordial e afectuoso saúdo
A dirección.
TRANSPORTE ESCOLAR 20-21 LISTAXES
Estimadas familias:
As listaxes provisionais dos admitidos no transporte escolar para o vindeiro curso 20-21 publicouse na Secretaría do centro.
Ditas listas foron elaboradas seguindo a Instrución 1/2020 sobre a Xestión de transporte escolar curso 20-21.
Serán publicadas única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
As persoas interesadas poderán consultar as listaxes no taboleiro e poderán presentar as alegacións oportunas nos 3 días seguintes a publicación das mesmas, é dicir, o martes, mércores e xoves ( 14, 15 e 16 de xullo).
LISTADO DEFINITIVO DE FONDO LIBROS E AXDUDAS PARA MATERIAL
Bo día familias:
Esta mañá publicarase na secretaría do centro o listado DEFINITIVO dos admitidos e excluidos no fondo solidario de texto e axudas para material escolar. Ao non haber reclamacións, non houbo modificacións das listaxes provisionais.
Poden pasar a retirar os vales dende hoxe mesmo ata o 17 de xullo. Os non recollidos serán entregados xa en setembro.
Os libros do fondo entregaranse en setembro.
Seguindo a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
Así mesmo, as persoas solicitantes que fixeran o citado procedemento por vía telemática, poderán acceder ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
Santa Cruz, 8 de xullo de 2020
LISTADO PROVISIONAL DE FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL
Bo día familias:
Esta mañá publicarase na secretaría do centro o listado provisonal dos admitidos e excluidos no fondo solidario de texto e axudas para material escolar.
Seguindo a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
Así mesmo, as persoas solicitantes que fixeran o citado procedemento por vía telemática, poderán acceder ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional, é dicir, recolleranse as reclamacións o luns 6 e o martes 7.
Finalmente, se publicará a listaxe definitiva de solicitudes admitidas cos libros asignados e, de ser o caso, o número de libros complementarios que lles correspondan.
Santa Cruz, 3 de xullo de 2020
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »