Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

PRESENTACIÓN ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN

 

Benqueridas familias:

Deixámosvos unha pesentación para o alumnado de nova incorporación ao centro  para o vindeiro curso 23/24 para que coñezades un pouco o funcionamento do noso centro. Pica AQUI.

Gracias!!

 

LIBROS DE TEXTO 24-25

 

Aquí vos deixamos o listado para o vindeiro curso, podedes descargalo picando no curso correspondente. 

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA

3º PRIMARIA

4º PRIMARIA

5º PRIMARIA

6º PRIMARIA

SOLICITUDE DE TRANSPORTE

Benqueridas familias:

Abrimos o prazo para a solicitude de transporte para o vindeiro curso.

Tendes que cubrir o formulario e entregalo na secretaría do centro. Este ano será con rexistro de entrada para que non haxa problemas. Podedes entregalo ata o 11 de xuño inclusive.

Hai dous formularios. Un para alumnado con dereito e outro para alumnado que non o ten.

Será usuario lexítimo do transporte escolar gratuíto, polo tanto, alumnado con dereito, o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios. Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida, ou contar cun dictame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola administración educativa. 

SOLICITUDE TRANSPORTE CON DEREITO

SOLICITUDE TRANSPORTE SEN DEREITO

SOLICITUDE CAMBIO DE OPTATIVA

Benqueridas familias:

Ata o vindeiro 10 de xuño podedes solicitar o cambio de optativa (Relixión/valores) para o vindeiro curso.

Para iso, deberedes cubrir o formulario correspondente marcando a nova opción elexida e envialo por correo electrónico a ceip.isidro.parga@edu.xunta.gal co asunto "CAMBIO DE OPTATIVA" ou ben entregalo de forma presencial na secretaría do centro.

Podedes descargar o formulario AQUÍ.

Gracias pola vosa colaboración

RENUNCIA Á PRAZA

Benqueridas familias:

No caso de que o seu fillo/a obtivera praza noutro Centro, pregámoslle que o comunique o máis axiña posible, co fin de non perxudicar a outros posibles alumnos/as.

Para elo, debe enviar cuberto ao correo do centro ceip.isidro.parga@edu.xunta.gal o formulario que pode descargar picando AQUÍ.

Moitas gracias pola vosa colaboración

FONDO LIBROS

Orde   participación fondo solidario    libros e axudas      material escolar                                       

 Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 21/05/2021 e rematará o día 22/06/2021 (este incluído).

COMUNICACIÓN COVID

Estimadas familias,

Dada a incidencia de casos no centro, gustaríanos pedirvos que agora máis que nunca extremedes as precaucións e axudedes a manter as normas de prevención.

Recordade:

- Se algún dos vosos fillos ou fillas ten algún síntoma, por leve que sexa, que permaneza na casa e asista ao pediatra para descartar un posible positivo.

- Evitade na medida do posible a socialización en espazos públicos.

- Lembrar aos voso fillos e fillas a importancia de manter a distancia de seguridade, o uso adecuado da máscara e o lavado de mans.

 

Isto o paramos entre todos e todas. Moitas grazas.

FELIZ DÍA DO LIBRO

PICA NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO QUE PREPARAMOS DENDE A BIBLIOTECA... e no seguinte enlace para ver a continuación   https://docs.google.com/presentation/d/1rrPMrQhR01poQViSYi5vxSIa6HjDpsg1tmj6BJ1g_aQ/edit?usp=sharing

Semana da Prensa

Aquí temos unha mostra do que os nenos/as do Isidro fixeron na semana da prensa.

Museo Virtual

 MUSEO VIRTUAL. UN ANO DE COVID19

Aquí podedes ver unha mostra dos sentimentos dos nosos alumnos/@s sobre a pandemia.Unha visión distinta e persoal.

Libre interpretación.

 

Distribuir contido