Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Escolares

Visita ao acuario

 

Despois da visita que fixemos ao acuario da Coruña fixemos na PDI un debuxo dos animais que alí vimos.

Se o queredes ver pinchade aquí.

Visita ao acuario

Despois da visita que fixemos ao acuario da Coruña fixemos na PDI un debuxo dos animais que alí vimos.

Se o queredes ver pinchade aquí.

Nadal

 

Na Pantalla Dixital Interactiva fixemos unha postal para celebrar o Nadal e presentámola ao concurso.

Se queredes vela pincha aquí.

Nadal

 

Na Pantalla Dixital Interactiva fixemos unha postal para celebrar o Nadal e presentámola ao concurso.

Se queredes vela pincha aquí.

O castelo de Santa Cruz

 

DESCRICIÓN DO CASTELO DE SANTA CRUZ E DA SÚA ILLA.

 EMMA ARIAS RAPOSO.

Vistos desde a varanda do Paseo da Pardela

Cando camiño polo paseo de Santa Cruz sempre me paro a observar o Castelo, coa súa longa e elegante ponte.

No primeiro plano, podo ver as matogueiras que están situadas ao lado da enorme porta, e tamén os seus grosos muros de pedra.

No segundo, vense as ameas dos muros e máis algunhas árbores agochadas tras deles. Ademais, os paxaros que aniñan alí póusanse sobre un mirador situado no alto.

Ao fondo, vense tamén as súas formidables torres e, sobre todo, resalta a torre da homenaxe, que se alza forte e esvelta.

ANXO BALADO CANDAL.

Vistos desde o alto

Desde unha altura aproximada de 900 m por riba del, podemos ver a espesa arboreda que o rodea e a nova ponte que conecta a illa _cando está a marea baixa, non é unha illa_ co peirao de Santa Cruz.

As pedras de cor grisácea coas que construíron o castelo, o verde das árbores, e a cor azulada do mar que rodea a illa, converten o castelo nunha zona espléndida para ir ata el.

HELENA GONZÁLEZ-CARRERÓ ACOSTA.

Vistos desde a praia

Desde a praia de Santa Cruz, pódese ver o mar, grande e extenso, de cor azul verdosa, e con pequenos barquiños flotando.

Nun illote, unido ao Paseo da Pardela por unha  ponte de madeira, está o castelo, coas súas grosas paredes e torres de rocha. Rodeado de árbores por case todas as partes, dálle un aspecto moi especial á praia do Porto de Santa Cruz.

IRENE MACÍAS TARRÍO.

            Vou describir o castelo de Santa Cruz visto dende a praia:

            No primeiro plano, á esquerda, encontrámonos coas rochas, as algas e as pedras da praia. Á dereita, un peirao con barcos amarrados. No medio, unha ampla ponte de madeira que conecta o castelo co pobo de Santa Cruz, e á súa dereita, o castelo coas súas vexetación, murallas e torres. Por último, ao fondo e á esquerda, un extenso bosque con diferentes tipos de árbores, e moi, moi ao lonxe, á dereita, pódese divisar a cidade da Coruña.

 

As actividades das nosas clases.

Neste apartado podedes ver algunhas das actividades que se están a realizar nas diferentes clases de Educación Primaria.

As actividades das nosas aulas.

Neste apartado podedes bucear polas diferentes aulas de Educación Infantil e ver algunhas das actividades que están levando a cabo.

Breve explicación.

As Actividades Escolares son as que realiza cada grupo-clase no Centro. Hai actividades de cada Etapa ( Ed. Infantil e Ed. Primaria ).

Visita ao Acuarium Finisterrae

O pasado xoves 13 de xaneiro os dous grupos de 6º de Educación infantil visitamos o Acuarium Finisterrae

Distribuir contido