Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS

Xa poden consultar na secrtaría do centro as listaxes definitivas de Fondo Libros, e o número de libros adxudicados.

Compartimos a orde de adxudicación para maior facilidade na consulta.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 24/25

Información sobre o período de adaptación do alumnado de 3 anos (4º Educación Inantil).

Calendario e horario.

Presentación da xuntanza informativa.

PASO DE INFANTIL A PRIMARIA

Picando AQUÍ podedes ver a presentación coa información ofrecida na xuntanza de paso a primaria.

FONDO LIBROS E VALES

Xa se poden recoller os vales de libros de texto e material ata o día 15 de xullo.

 A listaxe provisional de fondo libros (3º e 4º Ed. Primaria) xa está publicada e poderán reclamar nos dous días hábiles seguintes ao da publicación (3 e 4 de xullo). A listaxe definitIva de fondo libros sairá o 5 de xullo.

 As listaxes publicaranse no taboleiro de anuncios do centro. Quen realizou a solicitude a través da Chave 365 ou con certificado dixital poderán consultalas telemáticamente co código da solicitude.

 NON podemos facilitar información telefónica pola lei de Protección de Datos (art. 13)

LIBROS DE TEXTO 24/25

Xa podedes consultar os listados dos libros de texto para o vindeiro curso 2024/25 no bloque da esquerda no apartado Secretaría/Libros de texto.

Os listados de material serán colgados na páxina web no mes de setembro.

SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR 24-25

Benqueridas familias:

Abrimos o prazo para a solicitude de transporte para o vindeiro curso.

Tendes que cubrir o formulario e entregalo na secretaría do centro. Podedes entregalo ata o 28 de xuño inclusive.

Hai dous formularios. Un para alumnado con dereito e outro para alumnado que non o ten.

Será usuario lexítimo do transporte escolar gratuíto, polo tanto, alumnado con dereito, o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios. Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida, ou contar cun dictame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola administración educativa. 

Agardamos a saída das instruccións para o curso 24-25. Se houbese algunha modificación sería comunicada a través da páxina web do centro.

SOLICITUDE CON DEREITO

SOLICITUDE SEN DEREITO

SOLICITUDE CAMBIO OPTATIVA CURSO 24-25

Estimadas familias:

Ata o vindeiro 21 de xuño podedes solicitar o cambio de optativa (Relixión/Proxecto competencial) para o vindeiro curso.

Para iso, deberedes cubrir o formulario correspondente marcando a nova opción elexida  e entregalo de forma presencial na Secretaría do centro.

Podedes descargar o formulario no documento adxunto.

SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA CULTURA E O DEPORTE CURSO 2024

O Concello de Oleiros colabora no ano 2024 co noso centro coa cantidade de 9880€ para a realización de actividades educativas complementarias e adquisición de material didáctico de carácter funxible.

FONDO SOLIDARIO LIBROS E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 24/25

Xa está aberto o prazo para a solicitude na participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

prazo de presentación de solicitudes é ata o 21 de xuño de 2024 (este incluido)

Podedes ver a orde que regula este procedemento picando AQUÍ.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ( ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou na aplicación fondolibros

Anexo I e II

Beneficiarios:

- No Fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º e 4º de Ed. Primaria( (xa que no noso centro 5º e 6º teñen E-Dixgal) e ESO.

- As axudas para a adquisición de libros de texto están destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Ed. Primaria e en Ed. Especial.

- As axudas para a adquisición de material escolar son para o alumnado matriculado en Ed. Primaria e ESO.

Documentación:

- Solicitude (Anexo I)

- Anexo II ( (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

- Dependendo de cada situación persoal poderase aportar máis documentación.

Para máis información:

Sede electrónica da Xunta de Galicia

Aplicación Fondolibros

LISTAXES ADMITIDOS E NON ADMITIDOS 2024-25

 

Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2024/25. 

As listaxes só se poderán consultar no taboleiro de anuncios do centro ou a través da aplicación admisión alumnado coa Chave 365 ou DNI electrónico (Lei de Proteción de Datos)

As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

formalización de matrícula para o alumnado admitido será do 20 ao 30 de xuño.

Distribuir contido