Charla Sobre os riscos de internet

O pasado mércores os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria participaron nunha charla organizada pola ANPA sobre os riscos do uso de Internet e as precaucións que debemos adoptar na utilización desta ferramenta dixital. O noso alumnado pensa que foi moi interesante, que os fixo reflexionar e incluso arrepentirse dalgunhas das cousas que fixeran con anterioridade.