O pasado 8 de xuño os nenos e nenas do 1º ciclo fomos de excursión á Área Recreativa do Muiño do Pedroso. Aí fixemos 3 obradoiros: Un de marmelada de pexego, outro de pegadas de animais e outro de cosmética natural.
Se queredes saber máis sobre esta noticia, premede na imaxe de abaixo.
O pasado luns 5 de maio, os nenos e nenas de 1º e 2º visitamos o Castelo de San Felipe. Fomos recibidos pola augadora Dorinda e polo soldado Piñeiro, estes dous personaxes pedíronnos axuda para atopar un tesouro que estaba agochado no castelo. Pasámolo moi ben, pois Dorinda e Piñeiro contáronnos unha chea de contidos culturais moi interesantes.
Premede na imaxe de abaixo, para poder ver toda a visita.
Os pasados 23 e 24 de xaneiro os alumnos e alumnas de 1º tivemos a visita de dúas nais que viñeron falar dalgúns aspectos do corpo humano.O día 23 veu Tamara que é enfermeira de profesión e o día 30 veu Rosa que é médico otorrinonaringóloga.
Hoxe a comunidade educativa do noso centro fixemos 1 minuto de silencio con motivo da conmemoración do 25N- Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
No CEIP Isaac Peral dicimos NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.
"LA VUELTA AL COLE" CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL
O próximo 28 de outubro imos a organizar, en colaboración coa nosa ANPA e a policía local de Ferrol, unha carreira solidaria escolar con todo o alumnado para concienciar e recaudar fondos para lograr a cura da leucemia infantil. Terá lugar, aproximadamente das 10 ás 12 horas na Avenida de Mac Mahón ou se o tempo non o permite, no pavillón do colexio. As familias que o desexen tamén están invitadas a participar.