DE NOVO: ANTÓN CORTIZAS

         
           
         
         
   

 O día 22 de maio, o alumnado de 4º curso puido engadir un novo "regalo literario" á súa aprendizaxe. Esto fixoo posíbel o escritor Antón Cortizas.

   
         
   

 

  Rosalía e os equinodermos foi a obra de Antón seleccionada para que leran os rapaces. Ademais do pracer da lectura, os nenos e nenas non vían o día de poder facerlle a Antón unha morea de preguntas sobre a arte de ser escritor.                                                   

    Chegado este día soleado do mes das "nosas letras", Antón entrou na biblioteca que quere tanto; tanto, que lle prestou e, mesmo parece, lle regalou o seu nome.

    Coa súa presenza, apareceu a calma e a atención. E, atentamente o recibiron cun muíño de vento, feito seguindo as instruccións do libro do autor: Tastarabás.

   E, sen présa, pero sen pausa, Antón, botando man duns materiais tan sinxelos coma un escarbadentes e unhas tiriñas de papel, fixo, para ledicia de todos, unha buxaina que bailaba e bailaba manténdose de pé.  

                              

                                                                                                                          

   
         
   

 

 Do tempo de enredar pasaron ao de preguntar:

"Por que nos teus libros aparece o nome de Rosalía? En que tempo escribiches Rosalía e os equinodermos? Tes pensado publicar algún libro proximamente? A quen llo dedicarás? Que hai que facer para ser escritor?"... Aquí, Antón tomou a palabra e, dese xeito que el ten de mesturar o traballo de profesor co escritor que leva dentro, díxolles:

   "Un pode escribir moito e moi rápido, pero para escribir ben hai que observar moito, escoitar outro tanto, e despois imaxinar; xogar coas palabras, escribilas, reescribilas, ler o que se escribe, mesmo en voz alta; xuntar o fondo coa forma e notar que quedan ben, que soan coma se fose música, que fan sentir".

                                      

   , ,
         
   

 

        Para agradecerlle tantas ensinanzas, tiñan escollido e musicado un poema que da título á súa obra Érase unha vez na quimbamba,e cantáronlle a coro.


 

   Tamén lle regalaron un libriño cunha tarxeta, na que con moito agarimo lle escribiron:

"Padriño, ti es a nosa estrela".

 

                                                         

   
         
   

Premendo na imaxe, pódese acceder á galería de fotos.

   
         

Powered by Drupal - Design by artinet