2024 - ASPANEPS

 

 

     
       
 

 

O alumnado de 6º curso participou no programa de    
          
    "PONTE NO MEU LUGAR"    
   

Un ano máis a asociación de ASPANEPS visitou o noso centro para concienciar sobre a realidade da poboación galega, que está a sufrir un envecellemento, así como dos problemas de accesibilidade e movilidade que isto conleva para as persoas nesta franxa de idade. Incidir ademais, que calquera de nós pode verse afectado nun futuro por algunha problemática deste tipo.

 

   
   

  

   
    Podemos entender así as barreiras arquitectónicas que existen para as persoas con mobilidade reducida, intentando concienciar aos nenos e nenas en mellorar a autonomía e o normal desenvolvemento na contorna da nosa cidade.     
   

O noso alumnado fai unha auditoría do centro e os seus arredores e amosa as deficiencias atopadas.

   
   

Tamén nos contaron que na asociación contan con talleres de reciclaxe, uníndose así ao movemento a nivel mundial de

"PRECIUS PLASTIC"

movemento que combate a contaminación plástica a través da reciclaxe e creación doutros obxectos.

  

   
   

     

   
   

Para rematar o programa, o noso alumnado fai unha reflexión da problemática que experimentan as persoas con mobilidade reducida, aportando posibles solucións, despois da lectura do manifesto de

RENÉ TROSSERO.

  

   
   

Tamén decoraron o lema

" PONTE NO MEU LUGAR"

 que plasmarían nunhas chapas coas que a organización nos agasallou.

 

     

   
   

ASPANEPS, tamén agasallou ao alumnado de 6º e as respectivas titoras cun caderniño realizado pola propia asociación.

E para as clases recibimos un diploma de participación.

   
     Máis fotografías premendo na imaxe       

Powered by Drupal - Design by artinet