FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

         
  FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR  
   

Na ORDE do 7 de maio de 2024 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2024/25.

BENEFICIARIAS

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma DIXGAL con libros electrónicos.

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.

 

 

PRESENTACION DAS SOLICITUDES

 

PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024.  

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS

As listas provisionais publicaranse o día  5 de xullo no taboleiro do centro.

 

PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS

O prazo de reclamación ás listas provisionais será de dous días hábiles a partir da publicación, é dicir, os días 8 e 9 de xullo.

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS

As listaxes definitivas das axudas de libros de texto, material escolar e do fondo de libros publicaranse no taboleiro de anuncios do centro o día 12 de xullo.


RECOLLIDA DOS VALES

As familias poderán recoller os vales de axudas de libros de texto e material escolar nas seguintes datas segundo os cursos no ano 24-25:


1º e 2º Primaria: luns día 15 de xullo de 10:30 a 13 h.
3º e 4º Primaria: martes 16 de xullo de 10:30 a 13 h.
5º e 6º Primaria: mércores 17 de xullo de 10:30 a 13 h.


Os libros adxudicados do fondo (3º e 4º Primaria) SERÁN ENTREGADOS AO ALUMNADO ao comezo das clases

 

   
   
   
   
   

Powered by Drupal - Design by artinet