O pasado xoves día 12 de abril veunos visitar a escritora ferrolá Elvira Menéndez para falarnos da obra que leimos dela, "Ese no es mi zoo". A obra é moi simpática, rímonos moito con ela, así que para que ela tivera unha acollida graciosa recibímola cunha careta de mono na cara. Cánto lle gustou a idea, e cánto riu!!!!
Falounos da súa vida, que naceu aquí en Ferrol pero que marchou para Madrid de nena, di que foi sempre unha rapaza moi fantasiosa, e que acabou sendo actriz.
Máis tarde comezou a escribir, primeiro para adultos e para xóvenes e despois para os máis cativos.
Para escribir inspírase na vida cotiá, no que escoita, en anécdotas que lembra da súa infancia ou nas vivencias do seu fillo e os seus amigos. Así foi escrita esta obra, para o seu fillo Pablo como compensación por non lle ter comprado un mono, que era a mascota que lle pedira.
Falamos con ela das esceas que máis nos fixeran rir e dos valores que aprendemos.., do respecto aos animais, como ela dixo: "non debemos tratalos como humanos, temos que coñecer as súas necesidades, características e se é posible intentar que vivan sempre no seu hábitat"
Pasámolo moi ben, é unha escritora moi simpática que nos fixo rir moito. Por certo, ao mellor polo mes de outubro sae publicada unha segunda parte da obra, con moitas aventuras no zoo, policías e ladróns...
Os nenos/as da clase escribíronlle unha carta de agradecemento, que podedes ver máis abaixo.
GRAZAS ELVIRA!!!
PREMENDO NA IMAXE PODEDES ACCEDER A GALERÍA DE FOTOS