O 24 e o 27 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 1º e 2º fomos de excursión á Fundación Barrie, a visitar a exposición "Sorolla. Terra adentro" e ao "Museo Arqueolóxico - Castelo de San Antón" na Coruña. Desfrutamos moito vendo pinturas de Sorolla, envoltas en luz, sombras e pinceladas impresionistas. Deseguido tivemos a oportunidade de plasmar as nosas dotes artísticas, na creación de paisaxes realizadas con ceras brandas. Pero a mañá non rematou coa exposición do "pintor da luz", pois ás 12 h. tiñamos unha cita no Castelo de San Antón. Alí uns arqueólogos esperábannos para mostrarnos e explicarnos moitas cousas sobre obxectos prehistóricos, castrexos, romanos e doutras épocas posteriores. Gustáronnos moito todas as pezas que vimos, pero o que máis nos impresionou foi o alxibe, situado nos sotos do castelo. O estanque subterráneo pareceunos impresionante! VELAÍ AS FOTOS DA SAÍDA |
||||||||
SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS DA SAÍDA, PREMEDE NA CÁMARA DE FOTOS. Na primeira cámara para as fotos de 1º e a segunda cámara para as fotos de 2º |
||||||||
AGORA ,VEXAMOS "O SOÑO DE SOROLLA"
|
||||||||
XOGAMOS? |
||||||||
AGORA PROPOÑÉMOSVOS FACER UN PUZZLE DO LENZO "A SESTA". ESTA PINTURA ESTÁ UBICADA NO XARDÍN DO ANTIGO CASERÍO DO DOUTOR JUAN MADINAVEITÍA, O CAL TRATABA A TUBERCULOSE DA FILLA MAIOR DE SOROLLA , MARÍA CLOTILDE. NELA APARECEN CLOTILDE (ESPOSA DE SOROLLA), AS SÚAS FILLAS E UNHA CURMÁ DESTAS (MARÍA TERESA GARCÍA BANÚS)
|
||||||||
|
||||||||
E SE QUEREDES FACER MÁIS PUZZLES DE SOROLLA PREMEDE ABAIXO.
|
||||||||
XXX