Skip to Content

AS FAMILIAS PARTICIPAN

 O Equipo Normalización e Dinamización  Lingüística solicita a vosa colaboración  para levar a cabo as seguintes actividades:

·         Contar contos aos máis pequenos

o   Poden participar adultos que teñan algunha relación con nenos/as do colexio

o   Destinada ao alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria

o   Contos populares, clásicos ou inventados en galego

o   Pódese traer material de apoio (láminas, monicreques, etc)

o   As  persoas  interesadas deben pórse en contacto co titor ou titora

 

·         IV concurso-exposición de fotografía

o   Lema: o Entroido tradicional galego

o   Aberto a toda a comunidade educativa

o   Deben entregarse co nome do participante e da localidade  onde foron feitas

o   Poden entregarse fotografías feitas en anos anteriores en calquera tipo de formato, especificando  o lugar e o ano en que se fixeron

o   As feitas no entroido de 2014  entregaranse preferibelmente  en formato dixital

o   Todas as fotografías  serán devoltas en canto lle fagamos copia

o   Prazo de presentación: mes de marzo de 2014

 

A VOSA COLABORACIÓN É IMPRESCINDÍBEL

MOITAS GRAZAS



page | by Dr. Radut